Axúdanos a seguir con este proxecto.

Octubre 1st, 2009

Necesitamos a túa axuda para poder continuar. Adicanos un par de minutos do teu tempo en ler este .pdf

Moitas grazas!

Agosto-Agosto

Agosto 11th, 2009

Fai uns días dixemos que iamos crear a comunidade virtual, fusionado o foro ca web, mais ultimamente non temos tempo algún para poder levar tal proxecto. Festiva, reportaxes.. etc……. ocupan unha gran parte de tempo nas nosas vidas.

En breves voltaremos a carga para fusionar o foro e a web!

Comunidade Galizaelectronica!

Julio 29th, 2009

Hoxe vamos levar a cabo unha serie de tarefas para crear unha auténtica comunidade de música electrónica na rede.

Temos pensando comunicar os usuarios da base de datos do Foro ca Web,  e de esta forma activar o uso simultaneo dun usuario para acceder ao foro da web, ou a mesma web. O que vamos a conseguir é que todas as persoas novas que se rexistren, como os xa rexistrados no foro con data anterior a de hoxe poida acceder dende a web, ao foro,  e ademáis poidan comentar os artigos da web co seu nome de usuario, podendo tamén enviar artigos.

Esperamos que estas tarefas non afecten o funcionamento da páxina web, aínda que sí van afectar durante algunhas horas o acceso ao Foro. Intentaremos rematar canto antes esta operación.

Novidades..

Julio 19th, 2009

Noticia extra!! Como ben sabedes sempre estamos a traballar para mollar a páxina web, conseguindo así non só ser unha das mellores webs de música electrónica da Península se non da rede, poucas webs dan tanta información e tan variada como facemos nós, por iso vamos a integrar os usuarios do foro cos da páxina web que en breves estará activo o rexistro, de forma que:

1-Podes acceder ao foro e a web co mesmo usuario

2-Podes comentar co teu usuario nas novas

3-Podes subir vídeos

4-Podes enviar as túas propias novas

5-Poderás colgar datas de eventos (proximamente)

Ah! esqueciaseme dicir que estamos traballando en http://www.galizaelectronica.com/web/videos na que proximamente tamen faremos entrevistas en vídeo e quen sabe que mais..!!

Agora tamén en Cabozo!

Julio 19th, 2009

Se es usuario ou usuaria da primeira rede social galega chamada: CABOZO podes engadirnos como amigos e falar connosco porque xa temos conta!

Summer Gay Festival!

Junio 30th, 2009

Eran con tempo que chegara a Galiza un evento tan merecido como o que imos a disfrutar o próximo 7 de Agosto en Vigo! un evento moi esperado para moitos e moitas, tratase do  Summer Gay Festival! que se fará na Sala A! e onde xa podes mercar as túas entradas a través do Facebook oficial do evento: http://www.facebook.com/profile.php?id=1801910300&ref=ts ou tamén desde o seu Blog: http://summergayfestival.blogspot.com/

Como Asociación e páxina web de música electrónica, colaboraremos con este evento cun membro da nosa web,  Lorena Rk, ofrecendo un bo techno-house.

Dalle un vistazo o artigo que fixo Ernesto sobre o Festival: http://www.galizaelectronica.com/web/seccions/revisions/342-unha-ollada-a-electronica-dende-o-universo-gay

Charts actualizados!

Junio 15th, 2009

Despois de ter unha tempada esta sección da web bastante esquecida, decidimos pornos a traballar seriamente para actualizar unha lista de charts por diferentes persoas e diferentes artistas tódolos meses!

Este é o resultado:

Xa temos Vanity Url

Junio 15th, 2009

Xa temos Vanity Url no Facebook! é decir: http://www.facebook.com/galizaelectronica para que nos poidas visitar de forma máis doada.

+info sobre esta nova de Facebook que leva poucos días activo: http://www.tecnobita.com/2009/06/facebook-anuncia-vanity-url-para-el-13-de-junio/ (en castelán)

Que teñades un bo comezo de semana!

Asinamos en contra do canon da Sgae

Mayo 30th, 2009

Como membros dunha páxina web que defende a cultura e non a privacidade cultural, asinamos en contra do canon en: http://todoscontraelcanon.es/ ti tamén podes asinar.

Info sobre o canon e a sgae:

http://www.antisgaecompostela.blogspot.com/

http://putasgae.info/

http://todoscontraelcanon.es/

http://www.nosoypirata.com/

Polo dereito a vivirmos en galego

Mayo 30th, 2009

O noso idioma e a nosa identidade, e hoxe máis que nunca, a nosa lingua a cal usamos para comunicarnos entre todos e todas nós,  precisa da nosa axuda, por iso dende Galizaelectronica.com asinamos o manifesto de A Mesa pola Normalización Lingüistica.

Podedes ver a lista de persoas e colectivos que apoian o galego, en : http://www.amesanl.org/campanhas/convivenciaeigualdade.htm Nós somos o número: 201 Asociacion Galizaelectronica.com