SonarMática Galicia
Escrito por Lorena Iglesias   
Xoves, 03 Xuño 2010 21:10

SonarMática Galicia vai amosar un dos colectivos máis importantes desta terra na disciplina de arte sonoro, Escoitar.org. Este colectivo son activistas sonoros e recoñecidos promotores da innovación tecnolóxica e do valor da cooperación social.

Paralelamente vanse amosar os últimos prototipos sonoros de Reactable Systems, compañía de Barcelona formada para a investigación.Por último, participará o británico Felix Thorn, colaborador de Plaid, amosándonos a súa escultura sonora.

 
Previa do Sábado en Sonar Galicia
Escrito por Martin NoMore   
Venres, 28 Maio 2010 19:08

O sábado, último día de festival, habilitarase unha nova zona dentro do recinto, chamada SonarClub. De novo, a tarde de festival comeza ás seis no SonarVillage, e progresivamente iranse abrindo as outras dúas.

Así abrirán o último día de festival dous artistas galegos, BFlecha vs Mwëslee, pertencentes ó colectivo vigués Arkestra, que nos traerán unha sesión de dúas horas chea de acordes sincopados, graves directos ó estómago e novos ritmos urbanos.

 

Ler máis...
 
Previa do Venres en Sonar Galicia
Escrito por Martin NoMore   
Venres, 28 Maio 2010 02:51

O Venres, Sonar volverá abrir as súas portas á mesma hora, seis da tarde, e manterá o escenario do día anterior, SonarVillage, añadindo outro escenario máis durante 5 horas, o SonarComplex, no que disfrutaremos de dúas bandas máis un directo audiovisual, que pasaremos a comentar un pouco máis adiante.

Ler máis...
 
Previa do Xoves en Sonar Galicia
Escrito por Martin NoMore   
Venres, 28 Maio 2010 02:15

A falta de menos de un mes para a celebración da primeira edición de Sonar en Galicia, máis concretamente en A Coruña, pasamos a repasar, un por un, as actuacións dos artistas invitados desta edición, que non son poucos. Certo é que se comparamos a edición catalá coa galega, a nosa sae prexudicada, pero tamén é verdade que non se pode comparar unha primeira edición, a galega, coa catalá, que leva máis dunha década facendo un dos festivais máis vangardistas e laureados de Europa. Tampouco podemos esquecer a cantidade de público obxectivo que pode haber en Barcelona, que o que pode haber en Galicia. Así as cousas, o mellor será degustar esta primeira edición Galega da mellor maneira posible, e isto pasa por coñecer de primeira man que nos imos atopar.

Ler máis...
 
Horarios para Sónar Galiza
Escrito por Lorena Iglesias   
Xoves, 20 Maio 2010 15:47


A menos dun mes para o Sónar, por fin chega ata nós os horarios oficiais. Os seguintes horarios están organizados por días, horas e zonas (SonarVillage, SonarComplex e SonarClub).

Hai bastantes sorpresas, de todas formas tendes tempo para organizarvos e administrar os 3 días que dura o festival.

Aquí están os horarios:

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 3