A primeira edición do festival Sónar en Galicia completa o seu cartel con 8 novas incorporacións: Alva Noto + Blixa Bargeld, O.M.E.G.A, Labrador + P.MA, Sasha, Cauto e por último a representación galega de: Eme DJ, Caradeniño DJ e Fake Robotique.
Con estas novas propostas e as anteriores quedan un total de 33 artistas, os que se repartirán ó longo de 3 días en varios escenarios, aínda así queda por desvelar qué artistas estarán no SonarMatica Galicia e SonarCinema, a parte máis experimental e underground deste Sónar.
Con estos novidades, Sónar Galicia consolídase como o reflexo do Sónar Barcelona xa que mantén a súa filosofía de mesturar sons experimentales cós mais contundentes directos á pista.

Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza