A falta de menos de un mes para a celebración da primeira edición de Sonar en Galicia, máis concretamente en A Coruña, pasamos a repasar, un por un, as actuacións dos artistas invitados desta edición, que non son poucos. Certo é que se comparamos a edición catalá coa galega, a nosa sae prexudicada, pero tamén é verdade que non se pode comparar unha primeira edición, a galega, coa catalá, que leva máis dunha década facendo un dos festivais máis vangardistas e laureados de Europa. Tampouco podemos esquecer a cantidade de público obxectivo que pode haber en Barcelona, que o que pode haber en Galicia. Así as cousas, o mellor será degustar esta primeira edición Galega da mellor maneira posible, e isto pasa por coñecer de primeira man que nos imos atopar.

Para facilitar as cousas, imos repasar os artistas día por día, comezando polo Xoves 17 de Xuño, primeiro día de festival, e que terá un único escenario,aparte de SonarCinema, onde se proxectarán películas e documentais durante os tres días. Nese escenario, chamado SonarVillage, será onde David M dé o pistoletazo de saída ó festival, que comezará ás seis da tarde. David M forma parte do colectivo coruñés BreakThatBeat, David M leva anos difundindo todo tipo de música de baile baseada en ritmos rotos, xa sexa dubstep, UK garage, grime, jungle ou electro.
A iso das sete e media será o turno da dama de Ed Banger, selo que ten dende fai anos un espacio asegurado en cada Sonar que se celebra. Na edición Galega de este ano, contaremos con Uffi, probablemente a cara máis pop de Ed Banger. Subirase ó escenario para dinamitar ó persoal a base de electro-pop, acompañada probablemente có arquicoñecido Pharrell Williams (productror, compositor de música hip-hop e rapeiro americano) co que presentará o seu último traballo: Sex Dreams and Denim Jeans.

Logo, a iso das oito e cuarto, será o turno dunha das revelacións da electrónica nacional durante o pasado 2009, John Talabot. Un ano frenético para el, no que pasou dun auto-imposto anonimato a estar en boca de Ewan Pearson ou conseguir que “Sunshine” fose seleccionada entre as 100 mellores cancións de 2009 pola prestixiosa Pitchfork. Todo grazas aos seus expansivos tracks de house iconoclasta nos que Moodymann, J Dilla, o Chicago house, a música Disco e o Northern Soul entrecrúzanse para dar vida a cancións orgánicas, humanas, cheas de vida, que fan bailar aos teus pés e ao teu corazón.
Poñémonos xa nas dez e media da noite, momento no que aparecerá no escenario un dos platos fortes da xornada e tamén do festival: LCD SoundSystem. A banda formada por James Murphy e Tim Goldsworthy, que virán acompañados por Nancy Whang ao teclado e aos coros, Pat Mahoney á batería, Tyler Pope ao baixo e Phil Mossman á guitarra, á percusión e ao baixo. Esta gran familia ven ó SonarGalicia a presentar novas solucións a esa ecuación sonora que involucra punk, disco, funk, house e outras incógnitas.Un dos pratos fortes, sen dúbida.

E para pechar o primeiro día de Festival: Grobas. Coñecido por calquera amante á electrónica en Galicia polas súas residencias nas míticas 981. É unha incógnita saber por que estilo musical se decantará actuando despois de LCD SoundSystem. Haberá que estar alí para comprobalo.

Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza