A segunda edición do SonarKids, o Festival de música e experiencias creativas para nenos e pais, amplíase a dous días e pasa a celebrarse o fin de semana anterior ao Sónar: o 12 e 13 de xuño, no Museu d'Art Contemporani de Barcelona (MACBA) e Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (CCCB).
SonarKids presenta este ano unha programación musica repleta de concertos e sesións nas que músicos e deejays como Jimi Tenor, The Pinker Selectors, Joan Miquel Oliver, Guillamino, Txarly Brown, Electrotoylets, Markooz, Undo, SeñorloboFeroz e El Chavo adaptarán o seu discurso musical ao público infantil e xuvenil.
O festival conta cun gran número de actividades e experiencias creativas, desde a transformación de pezas de roupa co deseñador de moda Josep Abril ou de colorear un mural co ilustrador Jordi Labanda, ata un taller de arquitectura e outro de street art.
SonarKids tamén ofrece clases de dj e beatbox, circuítos de skate e fingerskate, e os shows da compañías de baile Brodas e Unity Common.
O festival presenta "0 > 100", unha experiencia musical interactiva e simultanea entre músicos e nenos desde catro cidades catalanas -Barcelona, Granollers, Lleida e Olot- conectadas a través da tecnoloxía da fibra óptica.


Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza