| FAQ-CF |
|
[As cuestións frecuentes estan pensadas como se calquera usuario poidera rexistrarse na páxina web, o cal ainda non é posíbel, por iso estas FAQ, só serven para os usuarios dados de alta por algun administrador de Galizaelectronica.com]
1. Que é Galizaelectronica.com Galizaelectronica.com é unha Asociación sen ánimo de lucro que nace o día un de abril do 2008, e está regulada por uns estatuto. Para contactar connosco podedes facelo a través de SOBRE NOS -> CONTACTO. Consta dun Presidente: Alberto, Vicepresidenta: Lorena, Secretario: Ernesto e Tesoureira: Raquel. Como Asociación legalmente constituida consta de N.I.F. que é: G36590776
2. Como me rexistro na web e no foro Ata fai pouco era necesario estar rexistrado no Foro, e o rexistro para a web estaba só permitido a editores de Galizaelectronica.com. Agora para rexistrarte tes que acceder a web dende "Acceso" ondes poder crear unha conta nova ou identificarte para entrar no website, que tamén che permitirá entrar no foro da web co mesmo nome de usuario o que che permitirá: Enviar novas a web. Enviar vídeos a web. Acceder ao foro e a web co mesmo nome de usuario. Comentar os artigos da web. Importante recordar que o rexistro mediante o foro esta cancelado, é dicir, hai que entrar sempre dende galizaelectronica.com acceso para crear unha nova conta.
Unha vez creada a conta como mencionamos no paso 2. picamos no menú: Enviar artigo. click para aumentar Como podedes ver, e un editor sinxelo como pode ser o Word, o Writer no OpenOffice etc..... Consta dun Título onde se engade loxicamente o Título do artigo que se vai a escribir, exemplo: Novo álbum de Dj Tiësto. Logo comezase a escribir no recadro o que queremos, recoméndase marcar en negrita as palabras máis descatadas. Unha vez escrito o artigo, sen engadir ligazóns, imaxes, vídeos.. hai que facer click en: Ler máis, pero antes... Se vos preguntades para que serve iso, a resposta é sinxela, como ben sabedes as novas van a páxina de Inicio, e non ten sentido que na páxina de Inicio aparezan os artigos enteiros, é dicir; o artigo que o editor manda se amosará enteiro na páxina principal, por iso, unha vez escrito, calculamos por exemplo un tamaño, nin demasiado pequeno nin demasiado longo, para que só se amose unha introdución do artigo. Para iso cando teñamos un salto de liña, picamos click e logo picamos click en Ler máis, xa que o Ler máis vai sair onde anteriormente se fixera click no artigo. Pero que pasa se non queremos que salga aí? o editor non permite borrar o Ler máis unha vez engadido, pero se picamos no icono HTML que sae no editor, e buscamos o código:<hr id="system-readmore" />
O borramos de forma sinxela, se cadra, vos é máis fácil usando o buscador do navegador, engadindo ese texto o atopara automáticamente e poderase borrar. Unha vez que se sepa facer iso, outra paso é engadiro Ligazóns: Neste momento só nos interesa LIGAZÓNS, o de IMAXE e VÍDEO o explicaremos despois. Como vedes, saen dúas cadeas, unha aberta e outra fechada, o sistema é sinxelo, seleccionamos co punteiro a palabra, ou frase na que queramos engadir unha ligazón, logo picamos na cadea fechada, na que sae unha serie de opcións bastante sinxelas, usaremos só a pestaña General, que é a que sae por defecto. Link Url: Engadimos a ligazón Target: Seleccionamos se a queremos abrir na mesma fiestra, ou nunha fiestra nova, seleccionaremos sempre unha nova fiestra para que a persoa que estea lendo o noso artigo poida seguir na mesa páxina, seleccionaremos pois: "Open in new window" Listo, unha vez feito iso se cadra queremos borrar a ligazón, a seleccionamos e picamos na cadea aberta e de esta forma suprimimos a ligazón. Click para aumentar. Unha vez rematado hai que facer uns sinxelos pasos, seleccionar onde o queremos publicar, se é unha nova dun cd, seleccionamos a sección novas e a categoría música. No caso de que sexa unha Opinión, imos a Sección: seccións e na categoría Opinión......... Publicado: SI Amosar na portada: NON (Só se amosaran os artigos que os administradores decidan) Comezo da publicación: Queda como está Fin da Publicación: Endexamais Nivel de acceso: Público En metadatos temos que cubrir Descrición, que será o nome do artigo, ou un breve resumo, e en Palabras Clave, as palabras máis importantes dese artigo separadas por coma, tal como se amosa na imaxe: tiesto, dj, album (supoñendo que o artigo sexa de tiesto).
Picamos na icona que parece un cadro cunha árbore, é moi importante escribir primeiro o artigo e unha vez feito engadir as imaxes. Pero antes de engadir a imaxe, precisamos subila a algún sitio en internet, neste caso na mesma páxina web. Picamos en IMAXE Click para aumentar Escollemos onde queremos cargar a imaxe, damoslle a Examinar, e Iniciar a carga. (as imaxes non poderán ser de moito peso e de moito largura e anchura ou serán eliminadas polo administrador). Unha vez que a temos subida, necesitamos a súa dirección, vamos a supoñer que a colgamos en Novas, Eventos, e que o artigo é de Todd Bodine, a ruta neste caso sería: http://www.galizaelectronica.com/web/images/stories/novas/eventos/todd-bodine.jpg o que importa é images/stories/novas/eventos/todd-bodine.jpg (importante non engadir espazos no nome da imaxe, e que non sexan palabras curtas para evitar asi nomes duplicados, por exemplo, en vez de por todd, pomos todd-bodine, (importante tamén recordar que hai diferenza entre maiúsculas e minúsculas, esto quere dicir que se subes unha imaxe: Rave.jpg e escribes rave.jpg non vai aparecer, o mesmo pasa ca extensión da imaxe, se a extensión e rave.JPG e ti pos rave.jpg non vai a ir). Unha vez que xa sabemos como colgar imaxes, vamos a engadilas facendo click na icona con forma de árbore que mencionamos antes.
En image URL seleccionamos a ruta da imaxe, tamén pode ser externa, é dicir: http://www.galizacelta.com/images/stories/santa.png sen necesidade de estar colgada no noso servidor de galizaelectronica.com Enchemos os datos de Image description e title, logo picamos na pestaña: Appearance Recordamos que primeiro temos que escribir o texto do artigo, unha vez feito picamos no sitio que queremos meter a imaxe, vamos por de exemplo a estética que temos na nosa páxina web, escribimos artigo, picamos onde ao comezo do artigo, antes da primeira palabra, engadimos a imaxe e seleccionamos en Alignment Left, para que saia a esquerda do texto, cun Horizontal Space de 3, para que a a imaxe non salga pegada ao texto, podemos modificar o seu tamaño en Dimensións e lle damos a Insert.
3.2 Engadir vídeos os artigos Unha vez se nos abra a nova fiestra: Seleccionamos a URL do Vídeo, neste caso http://www.youtube.com/watch?v=TxvpctgU_s8 hai que ter en conta que ata fai pouco youtube engadia a extensión do pais que fora diante da url do video, esa URL non serve, ten que ser normal, co www.youtube.com/video..... Como o formato é Flash podemos engadir arquivos Flash, ou calquer outro vídeo doutra páxina como pode ser Vimeo, un servizo parecido a Youtube de aloxamento de vídeos. Unha vez feito iso, modificamos o tamaño, é aconsellable facelo sempre, xa que se non o vídeo normalmente sae moi grande.
3.3 Como non cometer erros lingüísticos Aínda que non sexamos periodistas, non quere dicir que teñamos que escribir mal, obviamente non vamos a nomear a lingüaxe SMS porque e obvio que non se pode usar, pero temos que ter moito cuidado cas faltas, e cas palabras que só existen no idioma da rúa, non nos diccionarios, por iso mencionamos unha serie de ligazóns útiles: http://www.consellodacultura.org/kit/normativa.htm http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp http://www.udc.es/snl/documentospdf/Libro_Calidade_Lingua.pdf http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/docs/norma2003.pdf
4. Enviar datas de festas a web Actualmente só se poden enviar datas de festas a través do Foro, no tema Festivais. 5. Enviar descargas a web
Actualmente só se poden enviar descargas a través do Foro, no tema Descargas.
6. Normas básicas [IMPORTANTE LER OS 3 PUNTOS] Como en toda comunidade, galizaelectronica.com tamén ten unhas normas básicas que todos e todas teñen que cumprimir, para garantizar así un bo comportamento de tódolos usuarios. Obviamente hai diferentes normas para os que publican artigos na web, como para os usuarios do foro así como os comentarios dos artigos.
6.1 Normas básicas para publicar artigos
6.2 Normas básicas para comentar os artigos da web
6.3 Normas básicas para postear no foro Despois de ler as Cuestións Frecuentes do foro a nivel técnico e de organización: http://www.galizaelectronica.com/foro/faq nomeanos unha serie de normas básicas para un bo comportamento na comunidade de Galizaelectronica.com
7. Sobre a Asociación Galizaelectronica.com Como xa mencionamos no punto 1. Galizaelectronica.com é unha asociación sen ánimo de lucro, que se crea para fomentar a música electrónica usando unha páxina web e a través de redes sociais. Os banners que hai na páxina web proceden da publicidade de Google Adsense da cal non sacamos cartos para lucrarnos, se non para manter o servidor da páxina web. O resto da publicidade que aparece (flyers,banners) e que son Eventos de música electrónica, pódese cobrar por esa publicidade, ou un intercambio de intereses, como pode ser un intercambio de banners. Os beneficios son destinados aos gastos da Asociación Galizaelectronica.com |

