Lolinha produccións presenta Lost Party
Escrito por Alberto   
Xoves, 11 Marzo 2010 17:33

A promotora Lolinha Produccións presenta a primeira edición de Lost's Party que terá lugar o 19 de marzo no Clube ZONA no polígono industrial de Castiñeiras en Bueu (Pontevedra).

Os artistas que acudirán a cita serán: HENRY SAIZ e KOLLEKTIV TURMSTRASSE ademais de artistas galegos como DAVID GRANHA & JOHN AXIOM e FRAN RODRIGUEZ.

Segundo din "a promotora quere imprimir o seu selo de calidade e facer xurdir o panorama electrónico no sur da Galiza, escena que se atopa demasiado deteriorada nestes tempos tan duros".

Ler máis...
 
La Manca, novo local en Vigo
Avaliación do usuario: / 2
RuínMellor 
Escrito por Alberto   
Xoves, 04 Marzo 2010 16:06

Logo de La MancaUns dos locais máis emblématicos de Vigo "El Manco" polo que pasaron artistas como Surgeon, Dr. Smoke, Oscar Mulero e un longo etcétera muda de nome de dirección artística que estará ao cargo do colectivo vigués ALOHECHOTECHO.

Segundo nos conta a nova dirección do local: "muda co fn de ofrecer ó público máisesquisito un espazo onde disfrutar da electrónica máis vangardista e divertida" ademais o local terá duas plantas a superior dispón dunha zona con sofás e pista de baile onde se poderá efectuar en quentamento ó ritmo de pop, indie e electrónica chea de groove. A planta inferior, feita club no sentido más estricto da palabra, será o verdadeiro campo de loita.

Ler máis...
 
Joris Voorn no PlayaClub, A Coruña, este Venres 5 de Marzo
Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 
Escrito por Martin   
Martes, 02 Marzo 2010 02:59

Chega un novo evento 981 á Coruña. Consolidados xa como eventos de calidade na rexión, e despois da noite de Reis, con Chloé como artista invitada, esta vez é o turno do holandés Joris Voorn.

Ler máis...
 
Neo Pop Music Festival 2010 xa ten data
Escrito por Alberto   
Luns, 01 Marzo 2010 19:05

Neo Pop Music Festival 2010O Neo Pop Music Festival 2010 xa ten data, este coñecido festival de Portugal no que cada vez asisten máis galegos celebrarase os días 12, 13 e 14 de Agosto en Viana Do Castelo. Aínda non hai lista de artistas xa que é bastante cedo.

O Festival é Organizado pola axencia Connect-Music que fixeron diversas festas na sala Industria Agrícola en Vila Nova de Cerveira con artistas como Richie Hawtin ou Marco Carola.

Pode consultar a reportaxe que fixemos o ano pasado do Festival na sección de reportaxes, ademais das festas na sala Industria Agrícola.

Ler máis...
 
Rock In Rio Lisboa 2010
Escrito por Alberto   
Domingo, 28 Febreiro 2010 21:41

Rock In Rio LisboaXa falta menos para un dos festivais máis importantes que se fan na Península Ibérica, o Rock In Rio Lisboa que aínda que o nome leve a palabra Rock gran parte do cartaz é de música electrónica. Até agora sabemos que son os días 21, 22, 27, 29 e 30 de maio con tres palcos: Palco Mundo, Sunsent Rock In Rio e Electrónica.

Algúns dos artistas que entran na categoría de electrónica son: Gui Boratto, Dj Vibe, Dubfire, Paul Rich (live), Green Velvet Live, Speedy J (Live), Jim Masters entre outros moitos que podedes consultar na web de Rock in Rio.

O prezo por día é de 57€ aínda que podes consultar packs e ofertas na súa web.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 23