Faltan menos de 45 días para unha das citas que cada vez esta máis presente na escena de clube en España, trátase do Klubbers Day 2010, que terá lugar os días 18, 19 e 20 de marzo en Madrid. Con esta edición farán 5 anos.
O número de asisintes sempre foi en aumento: 2006 26.000 asistentes e 50 artistas, no 2007 32.000 asistentes e 80 artistas, no 2008 38.000 asistentes pero baixou en número de artistas a 50 como na primeira edición e no 2009 45.000 asistentes e 60 artistas.
Nesta edición sabemos que os artistas até agora confirmados son:
Xoves 18 de marzo:
Gareth Emery, Armin Van Buuren, Markus Schulz, Brian Cross, Wally López, Erick Morillo, Abel Ramos, Ismael Rivas.
Venres 19 de marzo:
Faithless Sound System, Nic Fanciulli, Paul Rich (live), Dubfire, Umek, Óscar de Rivera, Marcel Dettman, Daniel Bell (live), Óscar Mulero, Luke Slater (live), Christian Wünsch (live), Surgeon, Narkotic Dlux, Daisychain, Murphy, Uto Karem, Renato Cohen.
Sábado 20 de marzo:
Egbert (live), Sven Väth, Ilario Alicante, Speedy J, Monika Kruse, Adam Beyer, Alexander Kowalski (live).
As entradas custarán 30€ por día, podendo mercar un bono de 65€ para máis información sobre as entradas remitirse mellor a web oficial: http://www.klubbersday.es/2010/entradas.php
+info: http://www.klubbersday.es/





Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza