O pasado mércores, na 12ª edición dos premios Ron Barceló Deejaymags e premios especiais Next Beat, Cristian Varela alzouse co premio ao Mellor Deejay do ano e Juanjo Martín converteuse no triunfador da noite con tres galardóns.
Na cerimonia que se celebrou na sala La Riviera en Madrid, Cristian Varela conseguiu o máximo galardón como Mellor DJ do ano. Así mesmo, o público recoñeceulle, unha vez máis, co premio ao Mejor DJ techno e minimal. Juanjo Martín colócase como o outro gran triunfador da noite con tres premios como Mellor DJ de progressive house, Mellor produción Juanjo Martín feat. Rebeka Brown por 'Millenium' e Mellor DJ residente nacional dunha festa por Supermartxe. Destacar tamén o premio ó Mellor deejay movida corona para o vigués DJ Milutxo.
Nesta edición dos Ron Barceló Deejaymags era a primeira vez que se celebraban os premios Nextbeat a profesionais da música electrónica. Destaca, neste eido, o Premio á traxectoria como deejay de David Oleart.
- Premios Ron Barceló Deejaymags
Deejays
- Mellor dj house: David Penn
- Mellor dj soulfull & deep: Sebastián Gamboa
- Mellor dj progressive house: Juanjo Martín
- Mellor dj electro house: Abel Ramos
- Mellor dj promotor: Dj Nano "Oro Viejo"
- Mellor dj residente: David Oleart & Albert Neve
- Mellor dj revelación: Superlush djs
- Mellor dj tech house: Wally López
- Mellor dj techno & minimal: Cristian Varela
- Mellor radioshow dun dj: Omits de Dj Nani
- Mellor dj movida corona: Dj Milutxo
Producións & Selos
- Mellor produción: Juan Martin & Rebeka Brown "Millenium"
- Mellor remix: Dj Chus present The Groove Foundation "That Feeling"
- Produtor revelación: Coyu & Edu Imbernón
- Mellor live vocal: Rebeka Brown
- Mellor selo: Urbana
- Produción nacional con máis descargas dixitais: Coyu & Edu Imbernón "O Baile Alemán"
Eivissa Verán '09
- Mellor dj residente nacional dun club: Franco de Mulero. O Divino
- Mellor dj residente nacional dunha festa: Juanjo Martín. Supermatxé
- Mellor dj residente nacional dun bar lounge ou beach club. Valentín Huedo. Café del Mar
- Mellor festa dun promotor nacional: Supermatxé
- Premio á traxectoria radiofónica da illa: David Moreno
- Premio á calidade radiofónica en Eivissa: Eivissa Sonica
- Premio ao mellor beach club da illa: Ushuaïa
- Premio aos 20 anos: Space Ibiza
- Premio á mellor produción audiovisual: Light Project. Opening & closing at Space Ibiza
Premios Nextbeat
Premio á consolidación: Concurso Movida Corona
Premio á contribución tecnolóxica: Pioneer DJ CDJ-900 & CDJ-2000
Premio á traxectoria musical de: Juan Magan
Premio á traxectoria profesional: Carlos Padin
Premio á mellor acción de mercadotecnia dun deejay: Magic Solutions (Randy e Rubén)
Premio á contribución á escena de club de calidade: Kiko Navarro
Premio á traxectoria como deejay: David Oleart
Premio á expansión da radio dance nacional en latinoamerica: World Dance music "40 principales"
Premio á difusión da escena club dos medios: La Noche Mix de Antena 3 Televisión
- PARTE DA ACTUACIÓN DO VIGUÉS DJ MILUTXO NA GALA:





Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza