Rock In Rio Lisboa 2010
Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 
Escrito por Alberto   
Domingo, 28 Febreiro 2010 21:41

Rock In Rio LisboaXa falta menos para un dos festivais máis importantes que se fan na Península Ibérica, o Rock In Rio Lisboa que aínda que o nome leve a palabra Rock gran parte do cartaz é de música electrónica. Até agora sabemos que son os días 21, 22, 27, 29 e 30 de maio con tres palcos: Palco Mundo, Sunsent Rock In Rio e Electrónica.

Algúns dos artistas que entran na categoría de electrónica son: Gui Boratto, Dj Vibe, Dubfire, Paul Rich (live), Green Velvet Live, Speedy J (Live), Jim Masters entre outros moitos que podedes consultar na web de Rock in Rio.

O prezo por día é de 57€ aínda que podes consultar packs e ofertas na súa web.

A edición de Rock In Rio de Madrid deste ano será o 4, 5, 6, 11 e 14 de xullo. Aínda non conta co cartaz pechado, os únicos artistas de electrónica que sabemos son: Tiësto, Paul Van Dyk e David Guetta.

Algo de historia

O Rock in Rio naceu en Brasil no 1985, logo fíxose outro edición no 1991 e 2001. As dúas seguintes xa se celebraron en Lisboa e actualmente celébrase en Madrid e en Lisboa.

Pasaron artistas como: Queen, George Benson, Rod Stewart, Kiss, AC/DC, David Guetta, Paul Van Dyk, Tiësto e unha longa lista que podedes consultalo na Wikipedia.

Información útil

*Entradas

*Como chegar o Festival

*Noticias

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy