Onte pola tarde produciuse a traxedia no Love Parade, 18 mortos e sobre 100 feridos por estampida. O suceso tivo lugar na entrada do festival, onde según a polícia, os accesos estaban pechados por seguridade e a xente comezou a empurrar para que abriran, causando así un embudo humano onde varias persoas quedaron atrapadas. O ano pasado xa non se festexou por problemas de organización e de permisos, este ano en Duisburgo, sobrepasouse a cantidade de asistentes que a organización estipulara.
O evento non se cancelou por medo a que cundise o pánico, pero pouco a pouco a xente, enterándose da nova, foi abandonando o festival. Un día negro para a electrónica e que será lembrado por esta mala nova.
Dende Galizaelectronica.com queremos expresar o noso máis sentido pésame e rogar para que esta traxedia non volva a pasar en ningún outro evento sexa da característica que sexa.





Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza