Tres anos de Oslo Records
Escrito por webmaster   
Mércores, 10 Marzo 2010 19:15

OsloO selo alemán Oslo Records cumprirá 3 anos en abril e para celebralo sacará un especial en formato vinilo e dixital chamado "Don't Believe The Hype" con artistas do selo como: Federico Molinari, Nekes, Christian Burkhardt, Johnny D, Guillaume & the Coutu Dumonts, Vera, Miss Fitz ,Ray Okpara, Damian Schwartz, Sascha Dive...

Tour para festexar o aniversario.

Oslo Records tamén fará un tour por diferentes cidades do mundo na que xa esta Ibiza e Barcelona no Sónar.

Ler máis...
 
Armada saca un novo recompilatorio chamado The Sound Of Now
Escrito por Alberto   
Martes, 09 Marzo 2010 18:46

The Sound Of NowArmada Music acaba de sacar un novo recompilatorio chamado The Sound Of Now 2010 volume 1, co que esperamos que se converta nunha saga de recompilatorios anuais cas mellores cancións do ano.

Dous cds dobres cun total de 36 cancións de artistas como  Armin van Buuren, Deadmau5, Calvin Harris, Steve Angello, Tiësto que podes atopar na web de Armada Music ou mercar a través do iTunes.

Tracklist:

Ler máis...
 
O netlabel Rawmatroid celebra o seu 2º Aniversario publicando un EP que reflicte a súa filosofía
Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 
Escrito por Martin (NoMore)   
Xoves, 04 Marzo 2010 22:08

O 1 de Marzo de 2008 viu a luz Rawmatroid, un netlabel creado para compartir música electrónica de forma libre e gratuíta a través de internet. Desde a publicación do seu primeiro EP, pasaron 2 anos de bo traballo en equipo, de reunir a jovenes artistas e de perseguir pequenos soños. 24 meses que deron para moito e onde confluíron 11 referencias, unha decena de produtores, 3 deseñadores gráficos, 2 artistas visuais, e 2 showcases onde a xente puido gozar e divertirse coa maxia de Rawmatroid en directo.

Ler máis...
 
Os artistas galegos xa teñen grupo en Soundcloud
Avaliación do usuario: / 2
RuínMellor 
Escrito por Alberto   
Xoves, 18 Febreiro 2010 15:21

Logo de Electronica GalegaOs artistas galegos e galegas xa teñen un grupo na coñecida rede de Sound Cloud, onde se aloxan arquivos de auido e  ademais é moi usado polos deejays e produtores para colgar as súas sesións.

O grupo chámase Electrónica Galega e foi creado por Jas que nos conta os motivos de facer o grupo en Sound Cloud:  dado que é un portal que ofrece moitas posibilidades e do cal xa se benefician moitos artistas galegos, crein que estaría moi ben crear un grupo para publicar e/ou escoitar os temas electrónicos feitos na nosa terra, polo tanto animo a productores e amantes de calqueira estilo dentro da musica electrónica que se unan a él.

Ler máis...
 
10 anos con Chris Liebing
Escrito por Lorena Iglesias   
Mércores, 17 Febreiro 2010 23:28

Editado e mesturado polo propio Liebing, 10 Years CLR, contén a mellor selección de temas do xa veterán DJ. Todos os temas que forman este mix son inéditos e algúns se fixeron exclusivamente para conmemorar estes dez anos dun dos selos máis importantes do panorama Techno. O CD mix vai a acompañar a outro CD, no que se atoparán os temas enteiros para poder mesturalos na túa propia sesión.

O 3 de Maio é o día clave para que saia á venda, antes poderás coñecer a tracklist:

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 31