Crean un grupo no Facebook co nome de "Yo tambien me oxidaba" que conta xa con 136 membros para reunir a todas as persoas que viviron unha época máxica na Galiza como foi o techno na sala Oxido ao cargo de Jesús Del Campo que marcaría un antes e un despois na vida de todos os que pasaron por alí.
Como xa nos comentara Jesús Del Campo na entrevista que lle fixemos "Aínda a dia de hoxe, despois de todos estes anos, non hai noite sexa onde sexa, que non se achegue alguén a falarme de Oxido de forma incrible, e iso é unha satisfacción realmente bestial" por iso ademais do grupo acaban de lanzar un evento para facer unha última festa da sala Oxido con Jesús Del Campo e David Flashback que foi residente da sala Octopus e revivir eses tempos pasados que todavía seguen moi vivos na memoria de moita xente.
Podes consultar o evento nesa ligazón
Non é a primeira vez que se usa o Facebook para este tipo de eventos, pois tamén acaban de facer o Grupo "Cora Novoa al Sonar Xacobeo 2010" e que poida acudir así a edición do Sónar que se ten pensando facer en A Coruña. Confiamos en que isto sexa así xa que Cora Novoa xa estivo no Sónar Barcelona.
Podes ler a entrevista a Cora Novoa nesta ligazón
Toda a información sobre o Sónar Galiza nesta ligazón






Meneame
Chuza