Seguramente a maioría dos que nos ledes habitualmente saberedes de sobrá qué é o Berghain Club. Moito lévase falado sobre ese club: que se ten unha das mellores programacións da cidade, que se é obrigada a súa visita… e incluso que os encargados de seguridade non tratan ós seus clientes co tacto que deberan (o mismo Richie Hawtin criticou isto non fai moito através de twitter).
Ninguna destas afirmacións está exenta de verdade. Agora ben, quizáis non se fale moito de que, dende que alá por 1999, un xoven Marcel Dettman comezara a dirixir as programacións do Berghain, as paredes que forman o club viron medrar un techno que a día de hoxe é recoñecido mundialmente.
O fácil sería caer en falsos prexuizos e pensar que en Berlín só hay minimal, e moderniños bailando o que lle voten. O que queira quedarse con ese concepto, ben por él. Pero Berlín é moito máis. E o son xurdido en Berghain é unha mostra.

Mirando de reollo a Detroit, de onde veñen tódalas raices do que hoxe coñecemos por Techno; pero cos pes e a mente centradas en Europa. Apartir destas premisas nace (ou evoluciona) o novo Techno centroeuropeo. Ritmos 4x4, sons industriais, escuros por momentos, contundentes, minimalistas, e por veces, incruso deixándose acariciar pola vertente máis deep.
Así poderiamos resumir a música que crean e pinchan xente como o propio Marcel Dettman, o seu compañeiro de fatigas, Ben Klock, ou a nova xoa da coroa: Shed, que con só un álbum no mercado, “Shedding the past” leva un ano coleccionando alabanzas alá por onde pasa. Máis non é para menos. O seu traballo desprende calidade e seriedade polos catro costados.
Non rematan aquí os “pupilos” do son Berghain. Xente como RedShape (achegándose por momentos ó electro ou incluso ó deep, pero sen perder o punto de vista Techno), Marcel Flenger, SleepArchive ou o holandés Jeroen Search (o único artista nomeado neste artículo que non é Alemán) son máis ejemplos desta nova corrente de Techno, que a un servidor tolea.
Mencionar tamén que o club ten o seu propio selo, Ostgut Tonträge. A lista de artistas que publicaron para él é case interminable, pero citaremos, por decir algúns, a Luke Slater, Brendon Moeller, James Ruskin, Savas Piscadilis, Dj T ou Oliver Ho.
Na última edición de Sónar Barcelona, tivemos a ocasión de presenciar o showcase deste selo, e a verdade e que foi do mellor do festival. Rezo tódolos días para que este ano repitan na sede Coruña do Sónar. Sería unha grandísima noticia para tódolos amantes do Techno.






Meneame
Chuza