Ableton ofrece un Live Pack de balde
Avaliación do usuario: / 2
RuínMellor 
Escrito por Lorena Iglesias   
Mércores, 28 Xullo 2010 13:54

Dende hoxe mesmo, xa podes descargar na páxina web de Ableton, un novo Live Pack totalmente de balde. Esta nova colección, trátase de instrumentos feitos a medida para o software, piano acústico, guitarra eléctrica, batería electrónica, instrumentos exóticos e paisaxes sonoras de cine.

O pack chámase Instruments Partner e contén 2.9 GB de sons para que poidas utilizar nas túas produccións.

 
Demo de Ableton e Cubase en Lesuite
Escrito por Lorena Iglesias   
Sábado, 26 Xuño 2010 14:27

Se estás en Vigo e pola tarde non sabes que facer, propoñémosche un plan. A partir das 20:30 ata ás 23:00, en LeSuite vai ter lugar unha demo de Ableton Live 8 e Cubase a cargo de Subsótano e Jorge Plugin. A entrada será de balde e a demo consistirá en explicar cómo funciona cada un dos programas.

Dirección LeSuite: C/ Cervantes nº 09-11

 
FL Studio 9.1, a actualización
Escrito por Lorena Iglesias   
Mércores, 05 Maio 2010 13:45

A pesar da hexemonía de Ableton, Reason e Q-Base, Image-Line segue apostando por o FL Studio. Despois de sacar ó mercado a súa versión número 9, agora chega a actualización 9.1 con bastantes melloras.

As principais novidades é que se inclúen funcións melloradas para Edison e Slisex, o sinte Harmless e o efecto Fruity Convolver (específico para esta aplicación).

 

Ler máis...
 
¿Queres remisturar a Ferry Corsten?
Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 
Escrito por Javier Querolt   
Mércores, 03 Febreiro 2010 21:45

Fai pouco máiferry corstens de 10 anos, en 1999, cando saíu por Tsunami Records, un dos plásticos imprescindibles para entender a historia do Trance ata os nosos días: “Out of the blue” de System F, alcume dun dos pesos pesados do trance, Ferry Corsten.

Moitos especialistas consideran que este disco marcou o inicio da segunda xeración dos xigantes do trance: Armin Van Buuren, Tiësto e o propio Ferry Corsten. Vendeu millóns de copias en todo o mundo e foi licenciado en Reino Unido, Japón, Alemania, Francia, Australia e España entre moitos outros.

Ler máis...
 
MicroFusa presenta SIMBA
Escrito por Alberto   
Domingo, 31 Xaneiro 2010 13:53

A escola de son microFusa presentará o primeiro curso de Autoprodución Musical na segunda edición do Seminario Internacional da Música de Barcelona SIMBA, que se celebrará do 5 ao 7 de marzo no Palau Sant Jordi.

O curso vaise dividir en dúas xornadas intensivas nas que se estudarán os procesos dende gravación o mastering, para autoproducir un tema, xa sexa pop-rock, onde abundarán os instrumentos acústicos e eléctricos ou producións máis electrónicas.

CINCO CURSOS FORMATIVOS:

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 6