A marca Hercules anuncia a súa nova controladora MIDI, DJ Console Mk4. Esta versión engade novas opcións, novo deseño e é mais manexable á hora de transportala. A diferencia dos outros modelos, este inclúe luces led para poder usala en entornos con pouca luz, os seus jogs son mais precisos e a súa interface é de metal, pensado para que aguante mais. Posee dúas saídas estéreo RCA (2x2), dúas entradas estéreo RCA (2x2), catro niveles de entrada diferente, unha entrada 1/4 para micrófono con función talk-over e unha saída estéreo 1/4 para auriculares.
DJ Console Mk4, estará dispoñible este ano e traerá incluído o software VirtualDJ DJC Edition.






Meneame
Chuza