|
Revista impresa
Despois dun ano de Galizaelectronica.com (Web da Asociación Galizaelectronica.com, sen ánimo de lucro) pensamos que estaría ben facer unha revista impresa de 16 páxinas, tamaño A4, 1.000 exemplares que se repartirian a partes iguais polas catro provincias galegas e municipios fronteirizos de Portugal como: Monçao, Valença Do Minho e Melgaço e obviamente en color. O motivo non foi outro que fomentar a nosa páxina web, posto que tal e como decimos no texto de benvida na revista, seria absurdo sacar unha versión en papel cando xa temos unha dixital, ademais, que economicamente seria imposíbel -polo menos para nós- pero si cremos que nos axudará a aumentar as visitas, e a fomentar a música electrónica na Galiza. A revista foi repartida a partes iguais polas catro provincias galegas, en universidades, festas e locais, non queremos dar o nome dos locais, para non darlles maior publicidade. Foi algo que fixemos sin máis. Se chegamos próximo número tranquilos, que desta vez poderedes encargar a vosa revista por correo. Disfruta do noso primeiro número en pdf picando sobre a imaxe (Tardará algo en cargar, tede paciencia). Nota: O Chart de Cora Novoa non é o correcto. |





