DJ PER
Martes, 16 Setembro 2008 16:11

PER Adrián (Per), comeza a interesarse pola música electrónica no ano 2001. No 2003 comeza a pinchar esporádicamente en Banus (Porriño). Co paso dos anos foi mellorando a súa técnica e facéndose con máis música mentres pasaba por moitas das salas da zona sur da provincia de Pontevedra coma: Código de Barras (Vigo), Breogain (Vigo), Elektric Globe (Vigo), Sala Zona (Bueu), Mangus (Bueu), D3 (Ponteareas), Xanela (Seixo)... e algunhas de fora da provincia coma: Sector Oceano (Sada, A Coruña), Bispo Santo (Foz, Lugo), Kopas Club (Foz, Lugo). Compartiu cartel con algúns djs coma Kazu Kimura, A. Paul, Jesus del Campo, Fatima Hajji, Dj Link, Ben More, David Flashback, Mario D..Fer, Manu Martín... Actualmente pertence á promotora Ope-Music e á asociación Círculo Sonoro. As súas sesións de techno caraterízanse por comezar cun techno tribal para dar paso a unha parte máis hardtechno. Tamén realiza sets de minimal-electro-house co seu outro aka Adri FC. O seu soporte favorito por excelencia é o vinilo aínda que non descarta apoiarse nos cds para realizar as súas sesións. Na actualidade está comezando a se introducir no mundo da produción musical.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon