DJ NAKAMICHI
Martes, 16 Setembro 2008 16:12

Alejandro Conde, nacido en Rianxo o 27 de Decembro de 1987, mais coñecido como DJ NAKAMICHI comeza a súa carreira de dj moi cedo, con tan só 14 anos xa comezaba a facer as súas primeiras mesturas, algo que caracteriza o seu estilo son as mesturas a 3 pratos usando bases, musicalmente sempre se dedicou á musica contundente empezando co dance, hardhouse e progresivo pero en 2004 e despois de coñecer a djs como skudero e xavi metralla xira radicalmente o seu estilo influído polos djs cataláns e comeza a pinchar musica makina, desde entón centra a súa carreira música en promocionar dito estilo por toda Galicia actuando en salas, organizando festas e incluso pinchando nalgunha emisora de radio, con tan só 17 anos convertese no primeiro dj galego en ser chamado para actuar en PONT AERI onde actuaría en varias festas da famosa discoteca barcelonesa.

No 2006 e despois de cumpridos 18 anos marcha por motivos de traballo a Burgos onde segue promovendo a musica makina actuando en salas de Madrid, Ávila, Valladolid, Burgos, actuacións en Catalunya e intervencións en programas de radio coma A TODA MAKINA (FUTURE FM).

Ese mesmo ano tamén comeza a pinchar hardcore o cal marcaría o seu estilo ata o día de hoxe, tamén cabe destacar a súa colaboración en foros coma makina4eternity. A finais do 2007 abriría xunto co seu amigo e socio DJ PHOENIX unha tenda de discos en Madrid co nome de ETERNITYSHOP (www.eternityshop.es) e meses despois fundaría a marca ETERNITYMUSIC S.L.

A día de hoxe DJ NAKAMICHI xunto con DJ PHOENIX dedícanse tanto á venta de musica coma á produción musical contando cun estudo de son no mesmo local da tenda e que proximamente estará constituída como discográfica. Así mesmo os 2 seguen actuando en festas e salas de todo o territorio e pinchando estilos coma o newstyle, hardtrance e o hardstyle.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon