Jesus Del Campo
Martes, 16 Setembro 2008 16:13

Discjockey que comenza pinchar en discotecas no ano 1989 despois de facelo en varios pubs.
Pioneiro e promotor da música techno en Galiza . Traballou como residente de diferentes clubs. Un deles é "Oxido", no que traballou como residente durante os 4 anos e medio nos que estivo aberto e o convertiu no primeiro club techno de Galiza. Grazas a isto conseguiu que despois comezaran a abrir os seguintes clubs e os primeiros after-hours na rexión, consolidando desta maneira a cultura da música electrónica en toda a rexión galega.

Combina o seu traballo entre España e Portugal asistindo no noso país a festivais como "Satisfaxion", "Festidance ", "Aquasella " , "Elektrogaia "etc sen deixar de facelo por clubes da xeografía española: Asturias, Burgos, Caceres, Valladolid, Leon, Madrid, San Sebastian, Segovia, Palencia etc .
Portugal é outro país onde dende o ano 1995 traballa continuamente e onde é recoñecido como un dos grandes entre os grandes. Proba delo foron as súas 3 nominacións ao mellor DJ internacional e a súa asintencia cada ano a grandes eventos como foron:"Dancefields festival ", "A Week In A Paradise Called Portugal", "Tecnolandia", "Supersonic Festival", "Union Tribe" ou "Elektro Parade" a parte da súa visita continua aos máis importantes clubes do norte ao sur do país. Este dj sigue compartindo cabeza de cartel prácticamente coa totalidade dos mellores discjockeys internacionais, entre os que estiveron: Laurent Garnier, Carl Cox, Jeff Mills, Richie Hawtin, Luke Slater, Derrick May, Gaetek, Dave Clarke, Bem Sims, Marco Carola, Oliver Ho, James Ruskin, Tim Baker, Kenny Larkin, Stacey Pullen, Dj Rush, Dj Misjah, Eric Morillo etc, etc.


No 2001 edita en Portugal un cd chamado “Tecnolandia 2001” con sons tech house e techno e que foi un éxito rotundo no país veciño, chegando a colocarse no posto número 5 dos cds máis vendidos do país. Para finalizar o 2001, é nominado en Portugal como mellor dj internacional de música techno xunto a Richie Hawtin, Jeff Mills, Josh Wink, e Samuel L Sessions e entre a casi totalidade dos mellores djs do mundo que recorren este país ao longo de cada ano.

No 2002 sigue ampliando o seu traballo a novas zonas da xeografía española e graba o seu segundo cd "Tecnolandia 2002" con sonidos máis techno e hard techno.

No 2003 volve ser nominado en Portugal como mellor dj internacional xunto a Carl Cox, Dave Clarke, Jeff Mills e Plasticman e graba o seu terceiro cd “Tecnolandia 2003” esta vez de novo comenzado cun tech house suave para subir progresivamente a un techno e sempre mantendo ese ritmo e dinamismo que caracteriza as súas sesións. Participa no “Danzoo Music” (Madrid) e como é costume tamén o fai en case a totalidade de diferentes festivais no país veciño: “Elektro parade 2003”, “MTV 2003”, “Tecnolandia 2003” etc.

No 2004 a revista de musica eléctronica en Portugal "Dance Club" lle propón que sexa o responsable da selección musical e grabación dun cd aproveitando o 8º aniversario desa revista. O cd chámase "I Love Techno 3" e entregouse xunto con cada revista no número do mes de Xuño. Como foi habitual en cada un dos anteriores anos, volve encargarse da selección e mezclas do cd “Tecnolandia 2004”, o seu quinto cd e este ano tendo a nominación para os “Awards 2004” de Portugal como mellor cd mesturado de música electrónica, aparte de estar novamente nominado como mellor dj internacional xunto con Carl Cox, Dj Rush, Eric Morillo e Louie Vega. A finais de ano e despois de varias propostas en latinoamérica e Europa canceladas a última hora por diversos motivos, por fin no mes de decembre logra traspasar fronteras fora de España e Portugal, levando o seu son a un festival “Hyperspace” en Budapest (Hungria) xunto con Alter Ego, Funk D´void e Adam Beyer .


No 2005 sigue levando a súa música e o seu carisma a novos clubes, ao longo e ancho da xeogradía española e portuguesa, completando así outro ano cheo de datas, traballo e música. Como colofón do 2005 comezan os preparativos para o que a principios do 2006 será o seu propio programa de radio en directo sobre o techno e techno house na emisora máis potente de música electrónica do país LOCA FM. Ese programa chamarase GSUS TECH e pódense escoitar os programas pasados, no foro da súa páxina web: www.jesusdelcampo.com

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon