|
Luns, 17 Maio 2010 16:49 |
|
Dj Son1c lanza hoxe o seu segundo tema dance en galego chamado "SEN TI" baixo o selo catalán de Moguda. Pódese descargar de balde dende a web oficial de Moguda ademais o tema esta cantado pola artista catalana Isis.
Felipe Tarrio alias Dj Son1c é da Coruña e lanzou o seu primeiro tema en galego chamado "A FESTA NON VAI PARAR" que causou unha gran acollida na xuventude e nas discotecas do noso País.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 17 Febreiro 2010 12:43 |
|
O produtor de música Downtempo / Hardcore nado en Cangas, John Connor acaba de lanzar un novo álbum baixo o netlabel Tres Catorce chamado Finis Natura e sendo con esta a 14ª referencia do selo.
Conta ca colaboración de artistas galegos como: Deloise, Dj. Kikho e Afoice. Tal e como nos comenta "O traballo contén dosificacións de baile cibernético e vudú, indescifrablemente soldados en frío chumbo. Corta a respiración en momentos nos que deambula entre cortina sintéticas, onde se orixinan fragas de precipicios baixo un ceo ás veces industrial, ás veces techno pop, indomablemente abstracto, con recurrencias góticas e oscurantismos herméticos pero, sobre todo, consciente da liberdade e do desexo expreso de compartir esa realidade".
|
|
Ler máis...
|
|
Martes, 24 Novembro 2009 12:45 |
|
Nongratos, o duo de electronica miscelanea de hip-hop e pop de Ferrol pero afincados en Vigo anuncian un álbum chamado "La Ciudad Esta Muerta" que se pode descargar de balde dende a súa páxina web: http://www.nongratos.com/ que consta de seis temas.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Sábado, 21 Novembro 2009 22:06 |
|
Tres Catorce netlabel celebra o seu segundo aniversario en Novembro de 2009, coincidindo ca edición da súa segunda compilación antolóxica, chamada Cosmoloxía Pitagórica. Esta obra contén claves moi interesantes na liña que manten o label, abrindo ó tempo novas físgoas de esperanza no futuro musical. Un traballo downtempo outonal e melancólico que nos trae atmósferas clásicas e atemporais nunha roupaxe electrónica que vai estourando en artificios de fondas emocións. |
|
Ler máis...
|
|
Mércores, 11 Novembro 2009 22:44 |
|
4 novas pistas, incluída unha versión live, forman esta 8ª referencia de Rawmatroid Club composta nesta ocasión por Laszlo Hollyfield: "Bassically Yours EP"
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 2 |