Entrevista a Reeko
Escrito por Galizaelectronica   
Mércores, 23 Decembro 2009 00:06

Se che falamos de Juan Rico seguramente non saibas quen é, pero se dicimos Reeko xa non necesita presentación. Cos seus 28 anos xa é unha figura internacional do Techno escuro, compartiu cabina cos mellores dj do mundo e os seus traballos como produtor non deixan indiferente a ninguén. Reeko fala para vos, os lectores de Galizaelectronica. 

Entrevista a Reeko!
 
Na nova referencia da selección natural pódese gozar dalgúns cortes escuros pero con sons novidosos. Se cadra unha especie de techno minimalista escuro. Onde pensas que te levará a evolución deste estilo?

A idea é traer o meu son para o máis puro techno, sen etiquetaxe, poderíamos dicir algo  máis limpo, pero conservando a forza e intensidade.


Poderemos volver a gozar do showcase de Selección Natural?

Si, probablemente logo, pero non podo dicir cando.


No Aquasella puidemos verte facendo un versus con Exium. Como xurdiu esta colaboración?

Nola propuxo unha sala de España e non nos pareceu unha mala idea. Comezamos a pensar sobre como facelo, de como sincronizar as máquinas e de estruturalo. Gustounos o resultado e decidimos aceptar.


En Asturias, en xeral as persoas prefiren sons escuro, sen embargo aquí en Galicia son mais do Techno de Ben Sims, Axel Karakasis ... Cal é a razón pola que Asturias se desenvolveu na parte máis escura do Techno?

Tampouco creo que en Asturias teña un grande agarimo pola parte oscura do Techno. É verdade que, anos atrás, a Real contratou moitos artistas deste estilo e iso puido xerar máis interese. Tamén foron tempos en que o techno non estaba tan diversificado como hoxe en día. Pero iso pasou fai anos, algo quedará, pero non creo que moito


No Norte de España tanto en Galicia como Asturias, os eventos Techno foron diminuíndo. Crees que é culpa da moda minimal e o novo concepto de Techno que se está creando ou débese a que non hai promotoras serias?

En Asturias hai promotoras boas e serias... pero por suposto que o minimal ten moito que ver entre outras cousas, claro... como che dicía antes, o techno está tan diversificado que ou eres dun equipo ou do outro e isto está a xerar que a xente do Techno non queira ir ás festas de minimal e en realidade están pinchando Techno. É algo triste que chegamos a un punto que si un artista pon un tema de Techno algo mais baixo en BPM, con menos sons e menos duro que o hardtechno, se lle chama minimal. A iso é o que chegamos !!


Lembro que Livesets, unha das radios online mais famosas de Europa, dedicou un día enteiro a emitir as túas sesións como tributo. Que se sente cando plataformas tan importantes te apoian?

Pois especialmente dache esperanza e pensas que si unha radio como Livesets que me fai un tributo será que funciona o que fago e iso é o que da forzas para seguir.


Algo que nos resultou moi raro é que fai pouco puidemos ver ó teu compañeiro Oscar Mulero pinchando en dixital con portátil. Ti te mantés fel ó vinilo ou gustaríache probar cas novas tecnoloxías?

Eu vou seguir pinchando e mercando vinilos ata que realmente sexa imposíbel pinchar con eles. É moi posíbel que ese día chegue... e antes do que pensamos, desgraciadamente. Pretendo aguantar ata que non saia música en vinilo. A verdade e que o son que che da o vinilo e ter un disco en formato físico, non virtual, non creo que teña prezo.  


Ultimamente a faceta de DJ sempre vai ligada ca de produtor. Pódese ser un bo DJ sen saber producir?

Por suposto! Hai moi bos dj's que non son bos produtores, así como tamén se pode ser un bo produtor e mal DJ. Isto vai ligado sempre porque o lóxico é que se che gusta pinchar é porque che gusta a música e polo tanto queres facela. Moitos bos dj´s atópanse con que non é doado facer música e viceversa.


Cales son os teus plans de futuro como DJ e productor?

Chegados a este punto musical no que se atopa o mundo: Facer Techno


Algo que dicirlle ós lectores de Galizaelectronica.com?

Saludos a todos !!

http://www.myspace.com/mdlabels

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon