Entrevista a Darkrow
Escrito por Galizaelectronica   
Luns, 08 Setembro 2008 15:12

¿Porque escolliches o nome de Darkrow?

Bueno, realmente púxenmo de crío para xogar ao Quake2, era a época dos cybers, os campionatos, e esas cousas, hehehe, e ao final ese nome me quedou para todo en xeral, é algo curioso pero á vez algo orixinal, hahaha

 

¿Cal foi a razón pola cal decidiches comprar uns pratos e ser DJ?

Dende crío sempre me interesou o mundo dos djs e a electrónica, escoitaba moito hip-hop e era o fan número 1 dun grupo inglés chamado “The Prodigy”, saía moito cos amigos da miña irmá maior sen que ela o soubese, hahaha, de todos modos ao principio me interesaba máis polo hip-hop e tribal-house, en aquela época era o que máis escoitaba e o que empecei pinchando, incluso tiña o meu propio grupo, a día de hoxe, eles seguen o seu camiño e eu o meu musicalmente, pero seguimos sendo moi bos amigos.

  

Outra faceta túa é a de produtor, ¿De que tema estás mais orgulloso?

Bueno, as dúas cousas me gustan, son totalmente diferentes e hai momentos para cada cousa, pero direite que ultimamente, si é certo que estou algo máis concentrado na produción que en pinchar, aínda que nunca deixo de buscar a mellor maneira de facer as sesións e innovar un pouco, actualmente pincho co programa Traktor Scratch (similar ao antigo Final Scratch), un controlador midi que se chama Faderfox DX2 e un sampler, o Soundbite Micro.

Podería darche diferentes motivos dos cales estou orgulloso dalgúns dos meus temas (aínda que eu non os pincho moito, porque os teño super escoitados haha, é unha manía), un de eles, o último remix que lle fixen a Aitor Ronsa, chámase Bolajan Buyakas, e é unha track orixinal que fai anos saíu no selo de Mark Williams, cun remix de Paul Mac, e o propio Mark. Agora sairá unha nova edición no selo Drakos, propiedade do meu amigo Aitor

Tamén podería falarte dun álbum que fago con Webba, para o selo Inoova Music, son tres temas moi diferentes entre si, pero puto techno e moi groovy, penso que son moi orixinais, un de eles o mesturarán J.Nat e Dj Link. Podedes escoitalos no meu myspace:  www.myspace.com/darkrowmusic

  

Explicalles ós seguidores de Galizaelectronica.com en que consiste Triple Recordings.

Triple é un selo moi familiar, agora mesmo encargámonos del 4 persoas , A.Paul (Portugal), Frank Rodriguez (Vigo), Mooz (Madrid) e eu, o selo publica todos os traballos en formato dixital, e as portadas soen ser dun color determinado segundo o seu estilo. Vermello, azul e verde. Xa editamos algunhas cousas de artistas internacionais e de xente da casa como poderían ser DJ Any (Polonia), Kali (Polonia) Kl00b (vigo)Juan Feijoo, Kabuki League, David Granha, John Axiom, David Flashback, Manu Martin, etc.

Pero xa temos preparadas próximas referencia con artistas como Pratap, Raul Mezcolanza, Aitor Ronda, Gauss Control e un pedazo de novo álbum de Frank Rodríguez . Incluso eu mesmo estou preparándome un álbum de tech-house e minimal, apetéceme facer algo diferente, xa que levo un ano enteiro facendo remixes e tracks de techno para un montón de selos.

  

¿Cal é a sensación que che produciu pinchar despois de Dave Clarke no FAMA?

Bueno, que che vou dicir dun dos grandes dj do Techno, non? Foi unha honra pinchar diante del. Ademais este ano Dave Clarke puxo no seu programa de radio White Noite, e no Awakenings, un tema que fixo co meu compañeiro Carl Farlk, así que dobre alegría.Encantoume o FAMA, moita xente, bo ambiente, e me fixo moita ilusión ver saír algunha bandeira de Galiza cando entrei na cabina a montar o meu equipo, e durante toda a sesión.

  

O 17 de Maio tes unha cita moi importante na Code en Madrid, ¿Que significa para ti poder pinchar nunca das citas mais importantes no Techno?

Toda unha gran experiencia volver por Frabrik, xa estiven alí fai un par de anos, é un bo club, e os seus residentes Nuke e Almena están facendo un bo traballo, programando sempre cousas diferentes, de feito nesta ocasión, comentáronme que Ben Sims fará un set especial a 4 pratos, e estarán outros artistas dignos de ver Elton.D, Bass Mooy, Regis. etc. Ademais da xente de Galiza que irá, en Madrid teño moi bos amigos, así que estarei como na casa.

 

¿Que tal os versus con Mario D´Fer?

Moi ben, facemos un bo equipo, Mario é da vella escola, é máis lineal, eu son máis inquieto, e temos máis ou menos os mesmos gustos musicais, aínda que quizais el é un pouco máis escuro ca min, pero… aínda mellor! Haha. Seguramente, moi pronto fagamos outro versus en Galiza. Encántame traballar con Mario, é unha persoa moi profesional e da cal aprendín  e aconselloume moito durante estes últimos dous anos. 

As túas sesións poden ser de Techno ou Minimal ,Con que estilo te encontras mais cómodo?

Sabía que Lorena terminaría facéndome esa pregunta, hehehe.

O outro día, isto mesmo llo comentei a uns amigos, a pesar de u síntome máis cómodo con un techno 130/134 bpm. máis electrónico. Moita xente o chamaría minimal-techno, pero eu non poño moitas etiquetas normalmente ao que pincho, non me gusta, porque podería nomearte millóns delas, minimal-techno, tech-hoise, deep-techno, hard-techno, handgroove, de que sirven todos estes nomes? Pincho techno e punto! Haha. Como me dixo un Dj/produtor italinao ao que admiro moitísimo: Techno nerver die, but change.

De todos modos remítome ao que vos dixen ao principio, non é o mesmo pinchar no FAMA, un festival con un montón de xente e antes de Fave Clarke, que nun club pequeno de 300 persoas. En FAMA fixen unha sesión moi dura, a xente era o que quería e o que esperaba, sen embargo nun club gústame facer unha sesión máis evolutiva, máis ou menos dura dependendo da xente, hehe.

Gústame probar sempre algo novo, e facer ver á xente que o techno, hoxe en día é moito máis que un bombo a 140 bpm (aínda que ás veces, eu sexa o primeiro en rematar unha sesión a 142, hahaha)

 

¿Cres que en Galiza hai unha boa escena de música electrónica ou fáltanlle clubs ou xente que a apoie?

Bueno, en Galiza sempre estiveron abrindo e pechando clubs, sempre tivemos algo no que apoiarnos, así que penso que hai unha boa escena, ao mellor faría falla moita máis xente que a apoie, en comparación a fai 7/8 anos (que son os que eu vivín, solo teño 24), xente máis maior que eu vos dirá que a mellor escena foi fai 10 anos. Pero bueno, sigo pensando que non nos podemos queixar, moitas cidades ou incluso países envexarían a nosa escena. Temos moi bos djs e moi bos productores, hai clubs de todo tipo de estilos, e promotores que apoian, pero quizais faría falla unha mellor unión entre todos.

 

¿Cales son os teus futuros proxectos?

O meu proxecto máis próximo chámase Standbite Music, é un novo selo de Techno que estou creando coa miña compañeira Fátima Haiji de Madrid, que estará apoiado por xente como Cristian Varela, Bando, Axel Karakasis, Wehbba, Mark Williams, Aitor Ronda, e moitos máis. Con este selo pretendemos aportar algo máis á escena techno e ir facendo eventualmente festas en clubs de toda España con todos os artistas do mesmo. Podedes ver máis información proximamente na páxina www.standbitemusic.com

 

¿Algo que dicirlles os lectores de galizaelectronica.com?

Un saúdo para todos e non deixedes de visitar esta web, que me parece moi interesante a proposta.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy