Entrevistamos a Felipe Tarrío alias Dj Son1c nado en A Coruña e creador do primeiro tema dance en galego chamado "A Festa Non Vai Parar".

Por que o nome de Dj Son1c?
Pois como todo, o nome de Dj Son1c ten unha pequena historia.
Cando empezei a pinchar de pequeno, o facia cun compañeiro. E un dia decidimos poñernos un apodo, eu elexín Dj Son1c, e asi quedou ata dia de hoxe.
Como comezaches no mundo da música dance?
A música dance sempre foi un estilo que levei conmigo mesmo. Empezei como en todo se empeza, pinchando en locais desde pequeno, colaborando en varias radios… e a partir de ahí, con unhas cousas ou outras, veu o dance party, o proxecto musical…
Algún artista que che influíra?
Dende pequeno sempre admirei os artistas de finais dos 90 e principios do 2000. Artistas como Eiffel 65, Gabry Ponte, Gigi D’Agostino, Prezioso feat. Marvin…. Son artistas que infuiron moito en min…
Desapareceu o dance da escena electrónica ?
Non creo que o dance desaparecera. Pero si que salen menos temas… pero cabe decir que o problema que tivo e ten a música dance, e que unha serie de xente, e medios… cargáronse este estilo. Hoxe por hoxe, hai unha saturación con un determinado estilo, que nas discotecas soamente hai actuacions do mesmo estilo, e todo iso como ben digo, ven provocado por esos medios, e esa xente que se cargou e se encargaron de que a música dance tivera unha fronteira, e creo que a música non ten que ter ninguna fronteira.
O exemplo mais claro de todo o que estou decindo, tédelo nos premios deejay mags. Antes premiabase a música dance, e agora? Sacaron ese premio fai uns 3 ou 4 anos se mal non recordo, unha pena, pero unha gran proba do que pasou e do que esta pasando…
Como esta o dance en Galiza?
Penso que en Galiza o dance actualmente é escaso pero con calidade, e somos moi poucos que seguimos defendendo este estilo. Pero igualmente entre os que quedamos, os meus compañeiros, Dj Goro, Dj Charlie… estamos dando un bo soporte, e o mais importante que detrás tamen veñen productores e Djs con talento apostando pola música dance, como son Miguel Valbuena ou Dj Leivas entre outros…
Fai un tempo sacaches un tema en galego chamado "A Festa Non Vai Parar" como respondeu o público e cóntanos algo sobre a persoa que canta o tema...
Pois realmente A festa non vai parar, en xeral foi moi ben recibida, e tivemos un apoio case total de todo o mundo, medios de comunicación, discotecas… Cabe decir que aun a dia de hoxe a xente recibe dito tema inda con moita alegría. Tamén son consciente que foi o primeiro tema dance en galego, e iso case todos os galegos o agradeceron.
Sobre Isis? é quen pon a voz a miñas cancions. Por desgracia antes do verán tivemos un cambio de cantante, por problemas a hora das actuacions, porque ela era catalana, e os desplazamentos continuos... E por comodidade buscamos unha nova Isis galega. Pero con Montse, que asi se chama a primeira Isis, nos separamos por ese motivo, porque a relación entre nos segue sendo fantastica.
Algún novo proxecto que nos poidas contar?
Efectivamente, todo o mundo o pregunta. Esta a puntiño de saír o meu novo single. Que por unha cousa ou por outra se retrasou.
Pero é cuestion de semanas.
Proxectos novos? en principio para este ano esta previsto que saque 3 cancions, unha en colaboración e as outras 2 co meu proxecto musical.
Ademais de todo isto, moi pronto conto con volver co dance party a radio e sigo na miña nova residencia en Touro, Discoteca O Barranco.
Igualmente podedes estar todos informados en www.djson1c.com
Cd, vinilo ou mp3 ?
Sempre CD, creo que as tecnoloxias de hoxe en dia, fan que o CD o teña todo.
Como persoa que produce dance, que pensas de que practicamente non se fagan megamixes, perdeuse un pouco a orixinalidade?
Eu personalmente sempre fun un gran amante dos megamixes, unha auténtica pena que hoxe en dia xa non se teña en conta…
Algo que dicircille os lectores de Galizaelectronica.com?
Un forte saúdo os lectores de este portal. E sobre todo a miña noraboa, porque soportes como esta paxina web fan moita falta.
Agradecer a toda a xente que sempre me apoiou e en xeral a todos os seguidores da musica dance.
Un saúdo a todos





Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza