Entrevista a Energy Control
Escrito por Alberto   
Luns, 25 Xaneiro 2010 19:13

Todos e todas sabemos que as drogas están aí, hai xente que quere que se prohiban rotundamente, e outro grupo de persoas que prefiren informar sobre un consumo responsábel, e das súas consecuencias. De todas formas ese é un debate que está aberto e que nós non pensamos abordar.

Antes de comezar con esta entrevista ao colectivo Energy Control, pensamos que é mellor comentar un par de cousas:

MDMA, ben coñecida por unha gran parte da sociedade -en especial a xente nova-  posto que é moi popular no ambiente da noite, pero seguro que moita xente descoñece a súa orixe: Esta droga MDMA (3,4 metilendioximetanfetamina), M ou éxtasis é unha droga psicoactiva que en 1.912  G. Mannish e W. Jacobsohn  descubriron e que foi usada para fins bélicos entre outros.

Ademais, moitos povos indíxenas por exemplo os aboríxenes australianos  mastican a planta pituri, grazas os seus efectos narcóticos.

A cultura da música psy-trance (non imos entrar en detalles sobre o psytrance ou goatrance) foi creada na década dos 60, cando nun lugar chamado Goa na India era visitado por moitos hippies, que estaban cansos da forma de vida das sociedades post-industriais, atopábanse na procura da harmonía ca natureza. Estas persoas celebran festas psicodélicas (aínda están presentes na actualidade en moitos países de Europa e demais continentes), nas que se podían consumir drogas cultivadas a mao na rexión, pagando antes unha cota a policía para poder consumir libremente.

As drogas tamén están ligadas a festas de techno e outros estilos, que repetimos, non imos entrar en profunidade, pois non nos interesa falar da droga só no mundo da electrónica, e queremos deixar claro que outros estilos de música: rock, pop, reggae... e noutro tipo de ocio ou forma de vida de cada persoa, están presentes, por iso non queremos usar o tópico de: electrónica =  a drogas.

 

Queremos recordar que o alcol ou o tabaco tamén son drogas, aínda que a sociedade as acepte mellor.

Entrevista a Energy Control:

Posto de Energy Control

Que é e cando nace Energy Control?
Energy Control é un proxecto de información e asesoramento en temas relacionados co consumo de drogas. Nado en 1997 en Barcelona cando un grupo de usuarios recreativos de drogas procuran, xunto a profesionais dun centro de tratamento para persoas con problemas de drogo dependencia, formas de poder actuar ante os consumos de drogas que, fundamentalmente, realizaban persoas novas, moi ligadas os ambientes recreativos relacionados ca música electrónica e que consumían éxtasis. Nese momento, varios deses mozos e profesionais do CAS de Sants (Barcelona) elaboran un folleto informativo chamado “Join the party” e comezan a repartilo nese tipo de festas. 

Que tipo de persoas forman ese colectivo?
Energy Control é un colectivo aberto a participación de calquera persoa que queira implicarse. Precísase que sexa maior de 18 anos e se valora que, dalgunha maneira, sexa unha persoa relacionada ca cultura da festa e que teña interese nos coñecemento de sustancias.
O colectivo esta formado por un grupo moi amplo e moi heteroxéneo que dispón dun coñecemento da realidade onde se inviste. Desde os seus comezos, contouse con persoas de diferentes ámbitos e profesións: camareiros, dj's, psicólogos, taxistas, fontaneiros, deseñadores gráficos, educadores, perruqueiras, grafiteros...

Posto de Energy ControlComo informades a xente sobre o consumo de drogas dunha forma responsábel e informando dos riscos?
Atendemos a toda persoa que contacte con nós (a través do stand, no servizo de análises, a través de 902 253 600 ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) desde unha posición de respecto cara a outra persoa consumidora de drogas e recoñecemento como unha persoa adulta capaz de tomar decisións e responsabilizarse dos seus actos. Traballamos sobre a base da realidade e non sobre supostas utopías. É necesario abordar o tema desde a evidencia e non desde moralismos (moi presentes no abordaxe de temas como a sexualidade ou consumo de drogas).
Non cremos na guerra contra as drogas (sempre han estado aí, están e seguirán estando) así que parécenos o máis lóxico traballar para unha mellora convivencia cas drogas, ofrecendo información fiábel e asesoramento personalizado, especialmente a aquelas persoas consumidoras e que, por tanto, son as que se atopan en situación de dobre risco: están en situación de risco ao consumir drogas e, a súa vez, risco ao estar desprotexidos polas políticas de prevención baseadas unicamente na abstinencia. Desde Energy Control, tratamos de dar respostas a este sector de povoación que decide consumir pero non ten información o respecto. Por último, é importante sinalar que moitos dos problemas relacionados co consumo de drogas, podería terse evitado cun traballo informativo previo ao consumo.

Como reaccionan cando vos  ven, van eles mesmos a falar con vós ou son bastante tímidos?
En Energy Control facilitamos espazos de atención e asesoramento. Nunca abordamos a ninguén na festa, senón que dispoñemos dun espazo (stand) para que aquela persoa que queira poida acercarse a coller información, a falar con algún membro de E.C., a facer un análises dunha sustancia ou un test de alcolemia.
A proximidade no traballo do grupo ao longo destes anos ha dado lugar a que a xente anímese a falar abertamente sobre o consumo. Coñécennos e saben que tratamos o tema con rigorosidade, sen paternalismos, sen criminalizar... Cando estase disposto a ouvir sen condicións e desde o respecto, promóvese a disposición do outro a comunicarse sen reticencias.

Cando ides a algún lugar facédelo por iniciativa propia, ou por que algunha persoa da organización púxose en contacto con vós?
Maioritariamente damos resposta a demandas que nos presentan promotores de festas, organizadores de festivais, colectivos de raves ou responsábels clubs e salas. Sen embargo, en ocasións somos nós os que nos puxemos en contacto ca organización dalgún acontecemento festivo para asistir.


Só acudides a eventos de música electrónica?
Non. Acudimos a lugares de ocio os fins de semana onde se concentra xente nova e o consumo de drogas. Tanto acudimos a botellóns como a clubs e raves de música electrónica ou festivais de pop-rock. En todos e cada un deles atopamos consumo de drogas sendo o alcol a sustancia máis presente en todos eles.

Energy ControlComo apoia o Goberno ou demais Asociacións o traballo tan importante que estades levando a cabo?

Desde o comezo, Energy Control ha recibido o apoio institucional a través do sistema de financiamento público (convocatorias de subvencións). Recibimos apoio tanto a nivel estatal, do Plan Nacional sobre Drogas, como a nivel autonómico (en Cataluña, Andalucía e Baleares) ou local (a través de concellos). Isto quere dicir que se recoñece o labor do colectivo na festa, a pesar de que o peso das políticas de redución de riscos é minoritario en comparación cas políticas asistenciais ou de prevención primaria.
Sen embargo, é importante destacar que Energy Control esta foi establecido como referente estatal en temas de consumo recreativo para outros profesionais da saúde, a educación ou os medios de comunicación. En definitiva, hai outras asociacións ou entidades que se manifestan de acordo ca filosofía do grupo e apoian a nosa labor.

Por que pensades que a xente non lle da tanta importancia as drogas como son o alcol e o tabaco e sen embargo si a outro tipo de sustancias?
Obviamente hai un tema de legalidade que inflúe na percepción que temos das drogas. A pesar de que na actualidade pouca xente cuestiona o alcol e o tabaco son drogas (legais) son drogas fortemente instauradas na nosa sociedade e o rexeitamento social é mínimo. Refírome a que consumidores de tabaco e alcol non son vistos como enfermos ou delicuentes, mentras que os consumidores de cocaína ou éxtasis non se toman ca mesma consideración. En definitiva, existe unha tolerancia social cara as drogas legais que non atopamos cara as drogas ilegais (a excepción quizá do cannabis, sustancia ilegal máis consumida entre a povoación en xeral).

Algún mito sobre algunha sustancia que circule entre a xente e non sexa verdade?
Si. Certamente é impresionante como circulan certas lendas urbanas ou mitos que se transmiten de boca en boca. Dos mitos máis clásicos que circulan atopamos o de “as pastillas levan jaramo(heroína)” ou “que levan matarratas”, “o cannabis é menos perxudicial que o tabaco” ou “por tres plantas de marihuana non pasa nada”. Nada máis lonxe da realidade.
A información soe tomarse de amigos e persoas pretas o consumo e é fácil que se terxiversen contidos, sé proporcione información falsa ou non fiábel e ademais o transmitila a outras persoas, a (des)información transfórmase.

Núria Calzada
Coordinadora Energy Control (Asociación Bienestar y Desarrollo)
www.energycontrol.org
902 253 600

Todos e todas sabemos que as drogas están aí, hai xente que quere que se prohiban rotundamente -o cal por agora nunca deu resultados bos- e outro grupo de persoas que prefiren informar sobre un consumo responsábel, e das súas consecuencias. De todas formas ese é un debate que está aberto e que nós non pensamos abordar.

 

Pero antes de comezar con esta entrevista ao colectivo Energy Control, pensamos que e mellor comentar un par de cousas:

 

MDMA, ben coñecida por unha gran parte da sociedade -en especial a xente nova- posto que é moi popular no ambiente da noite, pero seguro que moita xente descoñece a súa orixe: Esta droga MDMA (3,4 metilendioximetanfetamina), M ou éxtasis é unha droga psicoactiva que en 1.912 G. Mannish e W. Jacobsohn descubriron e que foi usada para fins bélicos entre outros.

 

Ademais, moitos povos indíxenas por exemplo os aboríxenes australianos mastican a planta pituri, grazas os seus efectos narcóticos.

 

A cultura da música psy-trance (non imos entrar en detalles sobre o psytrance ou goatrance) foi creada na década dos 60, cando nun lugar chamado Goa na India era visitado por moitos hippies, que estaban cansos da forma de vida das sociedades post-industriais , atopábanse na procura da harmonía ca natureza. Estas persoas celebran festas psicodélicas (aínda están presentes na actualidade en moitos países de Europa e demais continentes), nas que se podían consumir drogas cultivadas a mao na rexión, pagando antes unha cota a policía para poder consumir libremente.

 

As drogas tamén están ligadas a festas de techno e outros estilos, que repetimos, non imos entrar en profunidade, pois non nos interesa falar da droga só no mundo da electrónica, e queremos deixar claro que outros estilos de música: rock, pop, reggae... e noutro tipo de ocio ou forma de vida de cada persoa, están presentes, por iso non queremos usar o tópico de: electrónica = a drogas.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy