Entrevista a Fon Kid
Escrito por Galizaelectronica   
Venres, 05 Febreiro 2010 00:00

Hoxe a nosa entrevista vai dedicada a unha promesa que se está a formar pouco a pouco, con pasos pequenos pero seguros. O día 13 de Febreiro poderemos velo actuando no Non Parei, unha cita na que estamos máis que obrigados a asistir.

Entrevista a Fon KID

O 2009 foi un ano cheo de datas para ti, actuando en locais, raves... que significado ten pinchar nunha festa tan importante como o Non Parei con Aril Brikha?
Pois a verdade que colleume de sorpresa…un festival que desde os meus comezos na electrónica sempre asistía e sempre pensabas… estarei algún día nesa cabina facendo bailar a esta xente? Pero moi contento pola data, supoño que quere dicir  que se están  facendo ben as cousas.


As túas sesións teñen unha sinal de personalidade, tanto en técnica coma en selección de temas. Levouche moito traballo acadar ese toque persoal?
A verdade que si durante este “largo percorrido” figuran moitos tipos de obstáculos…desde a soidade de ir dun lado para outro , recibir criticas , tocar en garitos que se cadra, nin te plantexarías entrar se non te chamaran para pinchar , enfrontarse a hipocrisía que rodea o mundo da noite, tratar con moito pirata e un de eles e afrontar moitas horas buscando ese son propio no que intentas asentarte.


É unha das poucas persoas en Galiza que aposta polo Tech-House con toques latinos, cal é a razón pola que traballas con este estilo?
Penso que sempre un acapella ou algún track con ese toque da un toque diferente a sesión… sen abusar e sen pasarse de “horteradas”.

Ultimamente os foros de electrónica están divididos. Uns están a favor da electrónica fusionada cas chamadas cumbias e outros din que é demasiado comercial e os temas están perdendo calidade con esta fusión. Persoalmente que opinas disto?
Opino que hai temas bos e temas malos… simplemente  é unha opción máis a escoller…ultimamente nótase que existe un abuso tanto nas vendas como nalgúns sets e se cadra cóllese moita manía…eu a nivel persoal…teño apartadas as cumbias a un lado hahaha.

Fon KidCres que sería posible crear en Galiza un panorama Tech-House ou minimal deixando de lado o Techno contundente?
Si claro , penso que pouco a pouco a xente do techno mais duro vai entrando polo aro e vense para o lado escuro hahaha . Ademais vaise vendo en diferentes eventos e salas nos que o interese principal é a música que teñen bastante aceptación ( como os eventos realizados por Batea Sonora , One Love Prod ,Dopamina Nights,,salas como o Vademecwm que leva moitísimos anos na vanguardia e sempre van por diante na electrónica de calidade, en Coruña no Playa Club…) son grandes eventos que están facendo que se asente por completo a escena. Penso que eventos como o Sónar tamén van aportar algo a escena underground galega.

De todos os eventos onde actuaches, con cal te quedas polo mellor recordo?
Pois de todos gardas sempre algún recordo…pero se cadra o que máis satisfeito quedei, foi coa sesión que fixen en Marín, nas festas grandes do pobo pinchando 9 horas nunhas galerías para moitísimas persoas , entregadas e super agradecidas …festas como esas fante ver o poder que ten a música. Ver que a xente baila a túa propia selección musical e unha sensación incrible.

Un dos toques persoais dos teus sets é que pinchas en dixital. Que vantaxes lle ves que non teña o analóxico?

É unha guerra que sempre estará aí…o analóxico sempre será o máximo por todo e gustaríame algún día, facer un set completo con vinilos ( pouco a pouco vas facendo colección ) pero o dixital ten algunha vantaxe como  ter a musica máis accesíbel e ordenada ,poder levar moitas horas de música no disco duro,  utilizar os loops o teu antollo…o fin e o cabo, o que importa é a mensaxe que queres transmitir, e o medio é indifirente.

Con que DJ te identificarías e porqué?
Pff sempre tes moitas influenzas… desde xente como Loco Dice , Luciano , Joris Voorn , Dixon , Jay haze , Jimpster ,  xente moito máis achegada como José González “Malaguita”, a xente de Feelthetrip… os residentes dos teus clubes favoritos ... penso que sempre hai que aprender algo de todos.

Cales son as túas vindeiras datas?
Pois a residencia mensual que teño no Grove con Dastrash , algunha data en Vigo apalabrada , outra con Dj muffy nun evento que se fai en Marín que se chama Dopamina nights, algunha data nas festas que organiza a promotora Milos Factory…van saíndo cousas ..que siga así durante moito tempo!

Algo que dicirlle ós lectores de Galizaelectronica.com?
Pois que continúen apoiando o traballo que facedes e gracias polo tempo que pasaron lendo a entrevista.
Longa vida o Underground!

http://www.myspace.com/fontorres

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon