Colectivo M.A.N.I.M.A.L SOUND6TEM, un proxecto con nome de muller
Avaliación do usuario: / 96
RuínMellor 
Escrito por Ana   
Domingo, 28 Marzo 2010 18:47

SANTIAGO DE COMPOSTELA ELECTRONICA: COLECTIVO M.A.N.I.M.A.L SOUND6TEM, UN PROXECTO CON NOME DE MULLER

Galizaelectronica estivo o día 8 de marzo na capital de Galiza, facendo traballo de campo para poder presentarvos un especial sobre a situación das músicas electrónicas nesta localidade, por un lado provista de unha sólida oferta cultural en todos os ámbitos mais por outro lado, na que a programación electrónica loita día a día para encontrar o seu lugar propio. E precisamente no 8 de marzo, día da muller traballadora, descubrimos que hai mulleres fascinantes que merecen ter aquela cobertura social da que nalgún momento na historia foran privadas. Paradóxico é que cando unha gran cantidade de mulleres en todo o mundo occidental inverte de entre 8 e 10 horas en traballos de oficina diante de un computador, non teña entrado ao mesmo tempo coa forza de un ciclón no campo da produción musical. Pero alguén neste país está disposta a inverter esta tendencia mundial na profesión do Dj, trátase de Rebeca Fernández, Rebe.


Interesada nas músicas electrónicas desde moito tempo atrás, despois de organizar e pinchar en festas e cumpleanos de amigos de Compostela e vendo a aceptación destas, decide no 2004 formar con outra xente un colectivo chamado Colectivo M.A.N.I.M.A.L sound6tem, colectivo de Djs e Vjs que facilitase a promoción de open air parties e outros eventos. E así se fan, durante 6 anos, repetidas festas de sona organizadas tanto en Santiago como noutros puntos da xeografía da Península. No ano 2006 desvincúlase un pouco dos pratos para viaxar e explorar outros mundos electrónicos, enriquecerse e absorber diferentes influencias da escena de diferentes países do mundo como México DF, New York, Lisboa, Italia, Croacia, Barcelona etc. Para retomar no 2008 o contacto cos technics e comezar a traballar como Relacións Públicas para o club La Radio de Santiago, e eventualmente como promotora de eventos. No 2009, pasa a levar a programación da sala Krooner tamén en Santiago, desenrolando aquí a faceta de produtora e relacións públicas en toda a súa plenitude. Forma M.A.N.I.M.A.L Sound Eventos para a promoción de eventos e booking de Djs. A partir de aquí Rebe consegue traer por primeira vez a esta cidade a artistas como Jaumëtic (Regular), Pablo Bolívar live (Regular), Cora Novoa live (Natura Sonoris), Iñaqui Marín live (Regular), Luna Martínez (Lesfatales), Brunetto, Jam Limmat e tamén ao compostelano Darkrow (Standbitemusic/Triplerecording),etc.

 

Rebeca

http://www.myspace.com/rebevynila

Colectivo Manimal Sound6tem:

O colectivo Manimal Sound6tem nace como plataforma artística en Santiago de Compostela motivado pola intención de promover o contacto entre músicos, Vjs e Djs locais e galegos, fomentar o cooperativismo entre eles e para ofrecerlles un espazo onde puideran desenrolar os seus conceptos e proxectos persoais ademais de fomentar a cultura electrónica na capital de Galiza. Os eventos do colectivo caracterízanse por plantexar un concepto libre onde os artistas non teñen limitacións estilísticas e están abertos á experimentación.

Iniciouse no movemento rave, xunto con Soundsystem PetaZetas e Col. Lanzatech, no 2004. Con anterioridade xa realizaban algúns eventos, como raves en casas rurais, open air parties etc, pero sen a formación do colectivo. Co obxectivo de impulsar a cultura electrónica en Santiago e  promover espazos alternativos onde realizar eventos musicais, espazos ao aire libre ou naves, festivais etc.. sempre acondicionados e conservados para o disfrute do público.
O Colectivo M.A.N.I.M.A.L. Estivo presente en varias edicións do Festival de Ortigueira, Anti-Sonar, Electrodo, ….amenizando coa soundsystem os cerres dos festivais.
Nomes como Rebe, Duarte , VHF, Richard Comando Katana, Robertito , Kaze , Dj Cro, Smiles Davis, Mestre Pi, Bolas aka Olmez, Miño-k, Nexus aka Chus, Adrián Vázquez, DJ JU-LEE, Pedro , Miguel, Domingo, Alberto, Bluemouse, .... xunto con outros dj’s como : Darkrow , Manu Martín, Bonny, Eneas, Dr. Alveolo, Humfry ,The Black Adder, Iván y Villa (BCN) , Roig Grovas,The Sequela Brothers ,Dr. Bastard ou o  vj VideoHomeFuck forman parte deste gran colectivo da capital.


Manimal Sound eventos:


M.A.N.I.M.A.L programaba cada venres ata este mes de Marzo a música electrónica da sala Krooner,  baixo o nome de “La Noche Electrolítica”.
De aquí nace MANIMAL SOUND EVENTOS unha promotora de eventos, booking de dj’s e vj. Nacía coa finalidade de poder promocionar o novo elenco de dj’s y vj’s locais e de ámbito galego a través da Sala Krooner de Santiago, así como para favorecer na capital galega a entrada e coñecemento de novas tendencias na música electrónica.

De momento Galizaelectronica non consegiu a programación do mes de Abril, que permanecerá suspendida por motivos alleos a esta revista. A mediados de mes, de todas formas espérase a Darkrow facendo un solo de 4 horas do que vos manteremos informad@s.

Nos 5 meses que levan programando pasaron por “La Noche Electrolítica” artistas como: Jaumëtic (Regular, Bcn), Pablo Bolivar (Regular, Bcn ),  Iñaqui Marín (Regular/ Bcn), Cora  Novoa (Natura Sonoris),  Darkrow ( StandbiteMusic, Triplerecording) residente mensual , Brunetto ( FREELASTICA / PHONOBOX | SEVILLA / Bcn) , Luna Martínez (Lesfatales, Bcn) residente mensual, JamLimmat ( SetinStyle – Toronto / Canada ),Smiles Davis (NoonRecords, Bruxelas), The Sequela Brothers (Lisbon,PT), Tony 242 (Bcn),Lord Keyson, Enjoy (LaRadio/Bcn),Dr. Think (Minuendo/Con Un Par Records/DSKONNET/Galicia),Abelvisión,Dr. Bastard (Lisbon),Dj Afro (UK), Rulassie Selektah(SelassieSoundsystem) e moitos máis.

Tamén forman parte de este proxecto: Dunia Strahiosky (deseñadora gráfica, Bcn) ; realizando  carteleira.

Marcos Rck (fotógrafo, scq); deixando constancia do noso traballo.

Chemical Orange (videojockey) cos visuais.

Cartaz dun evento con Cora Novoa

Cartaz dunha festa con Cora Novoa entre outr@s artistas.

Na actualidade encontraremos traballando para o colectivo tanto a Rebe, Duarte ou Richard Comando Katana como os residentes mensuais do Krooner, Luna Martínez (http://www.myspace.com/misslunadj) e Darkrow ( http://www.myspace.com/darkrowmusic ), a Willy, Zizek, Martiño, Myan, Smiles Davis, Mestre Pi, Tony 242 ou Olmez.

Seguro que todas escoitástedes falar algunha vez de Luna e Darkrow. O primeiro contacto de Luna coa música electrónica remóntase ao ano 1999. Foi residente en Londres no club Destino e eventualmente fixo sesións para as festas de Miss Behabe tamén en Londres. Desde entón as sesión de sLuna, no profesional que emprega desde esta estancia, poden escoitarse en diferentes clubs de Ibiza, Girona ou Barcelona. Actualmente reside en Barcelona, colabora con LesFaTaLes, un colectivo de mulleres relacionado coa música electrónica, coas cales ten una residencia mensual no KGB. Aínda que as veces combina varios estilos, no Minimal encontrou a súa estabilidade sonora actual, producindo sets marcados por un son delicado, austero e elegante.

A cerca de Darkrow, posiblemente non teñamos omito que dicir que non saibades xa. Darkrow segue una carreira imparable desde que comeza no ano 2000 a pinchar techno. As diversas datas que lle surxen ao longo destes anos consolídano como unha das maiores promesas do techno nacional, sendo nominado pola revista DJ1 Magazine como dj revelación nacional, dj techno nacional e outras dúas nominacións ó seu selo Satandbite Music como mellor selo techno e nacional. Podemos encontrar referencias del en selos como Soul Access (Croacia), Mhx (Suecia), Naked Lunch (Portugal), Adult e Relatives (Holanda), Cutz (UK), Invalid Error (Lituania) ou Innova Muzzik (España) entre outros moitos. Caben destacar tamén os seus back to back no terreo da produción, con tracks producidos con outros artistas recoñecidos internacionalmente como Wehbba, Carl Falk, A.Paul, Raul Mezcolanza, Mooz ou Aitor Ronda. Ten participado en eventos e festivais como Aquasella Festival, Code Summer Festival, FAMA, La Real, Look de Portugal, Stuk de Eslovenia, Fabrik, Octopus etc. Os sons que produce así como as sesións que mestura foron desde as orixes de estilo techno e house ainda que ultimamente se somerxa tamén nos mundos do mínimal.

Luna

http://www.myspace.com/misslunadj

Darkrow

http://www.myspace.com/darkrowmusic

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy