Boom Tickets: Dispoñibles ás Portas do Recinto
Escrito por Ana   
Martes, 10 Agosto 2010 00:00

A dúas semanas da celebración desta gran rave bianual en Idanha a Nova, a organización do Boom Festival decidiu por tickets a disposición das ravers no despacho de billetes ás portas do recinto, ao contrario do que tiña manifestado orixinalmente e, do que nos tiñamos publicado na nosa páxina web.

Ler máis...
 
Programación Boom Festival 2010
Escrito por Ana   
Luns, 09 Agosto 2010 00:00

Boom Do 18 o 26 de Agosto, o Boom Festival propón unha programación onde o coñecemento se funde co teatro, a música dialoga con instalacións e o ambiente público en ambiente natural propón o contacto coas artes. Galizaelectrónica fixo unha selección do mais destacado para esta nova edición. Lembrade que o festival terá lugar en Idanha a Nova en menos de dúas semanas.

 

Ler máis...
 
Ecofeminismo con Vandana Shiva no Boom
Escrito por Ana   
Domingo, 27 Xuño 2010 09:25

VSA mañá do 16 de agosto de 1997, unhas 3.000 persoas se xuntaban nunha rave á que chamaron Boom Festival, organizada por God Mood. Fundada por Diogo Ruivo e Pedro Cavallo, God Mood e o Boom Festival foron visións e ilusións compartidas por estes dous mozos e os seus coñecidos mais cercanos. Apoiados por decenas de artistas descoñecidos comezaron a construír unha plataforma colaborativa para crear e desenrolar novas ideas procedentes de xente experimentada en diferentes traxectorias artísticas.

Ler máis...
 
Boom Festival 2010: última fase para adquisición de tickets
Escrito por Ana   
Luns, 12 Abril 2010 00:00

ticket 2010O Boom Festival estará limitado a 26.000 persoas este ano para evitar grandes aglomeracións, feito que a organización considera positivo para potenciar a empatía entre as persoas e favorecer un ambiente máis familiar. A última fase para adquirir tickets acaba de comezar e termina no mes de Xuño. Para os que pensedes en asistir este ano ao festival ésta é a última oportunidade para adquirir tickets online ou a través dos embaixadores delegados*. A organización pretende vender a totalidade de tickets vía online ou a través dos embaixadores que representan cada país no mundo: só no caso de que os 26.000 tickets non sexan vendidos antes do mes de Xullo, os restantes serán postos a disposición en taquilla. Ademais non existe este ano a modalidade de ticket diario, os que queiran asistir 3, 4 ou 5 días, en lugar dos 8, deberán abonar a totalidade do importe. Fontes consultadas por Galizaelectrónica explicábannos que estas limitacións, que poden por en perigo a economía de moitos, son un intento por parte dos organizadores para potenciar a familiaridade entre os asistentes á rave e evitar que persoas alleas á filosofía desta, veñan para só unha ou dúas noites, desestabilizando así a coherencia da unidade que tentan potenciar.

Ler máis...
 
GMS e KIN&THE FOUR ELEMENTS: a próxima gran rave!
Escrito por Ana   
Xoves, 28 Xaneiro 2010 02:22

A praia fluvial da Azambuja recebeu o ano pasado a máis de 2200 tranceros na II Edición de KIN &THE FOUR ELEMENTS, open air rave anual organizada pola promotora portuguesa PSYART. A KIN &THE FOUR ELEMENTS III Edición espera duplicar aforo este ano con promesas de mellor calidade e maior diversidade musical así como o convencimento de poder garantizar  un ambiente repleto de boas vibracións trás o anunciado cartel internacional de luxo con xigantes do trance psy e progresivo como GMS, MASTER MARGHERITE, HYDRA, SPIN, ALTERNATIVE CONTROL, ELEKTRA, KHOPAT, HYBRIS, AZAX SYDROM, ZEN BABOON, MYRAH, PENA, AMBIONS INDAGES, M&MS ANESTETIC, CREATIVE EXPERIENCE e DJ HIGH entre outros.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 3