A praia fluvial da Azambuja recebeu o ano pasado a máis de 2200 tranceros na II Edición de KIN &THE FOUR ELEMENTS, open air rave anual organizada pola promotora portuguesa PSYART. A KIN &THE FOUR ELEMENTS III Edición espera duplicar aforo este ano con promesas de mellor calidade e maior diversidade musical así como o convencimento de poder garantizar un ambiente repleto de boas vibracións trás o anunciado cartel internacional de luxo con xigantes do trance psy e progresivo como GMS, MASTER MARGHERITE, HYDRA, SPIN, ALTERNATIVE CONTROL, ELEKTRA, KHOPAT, HYBRIS, AZAX SYDROM, ZEN BABOON, MYRAH, PENA, AMBIONS INDAGES, M&MS ANESTETIC, CREATIVE EXPERIENCE e DJ HIGH entre outros.
Psyart é unha organización que forma parte de unha asociación maior de artistas sen ánimo de lucro chamada ControversasIdeias. Con tendencia a converterse nunha das organizacións máis influentes na promoción de festas de electrónica en Portugal ten organizado eventos con algúns dos nomes máis destacados da escena psy trance internacional. O traballo de ControversasIdeias expándese a través de tres áreas diferenciadas da industria da música: Psyart, produción de eventos e selo discográfico, Mastering Lisboa, estudo de gravacións e Art Ensemble, unha escola de música electrónica. A respeito desta gran open air rave prevista para o 6 de marzo temos de destacar a presencia de GMS (Growling Mad Scientists) como cabeza de cartel. Ganadores do DJ Award Pacha Ibiza nos anos 2001 e 2009, este duo holandés formado por Shajaram Matkin e o seu irmao Shanti Matkin está considerado hoxe en día como a mellor performance en directo de toda música electrónica e o seu proxecto está considerado tamén como un dos máis importantes na escena trance mundial que se estremece danzando esa especie de "sonoridade con unha aurea máxica" que os caracteriza. Ademais deste e muitos outros, gostaríanos salientar a participación de Zen Baboom, promesa da vertente ambient portuguesa considerados en palabras de algúns produtores portugueses como do máis recomendabel hoxe en día nas novas producións chillout deste país .Galizaelectronica tivo a oportunidade de estar con un dos compoñentes deste duo, Henrique Palhavá, cuia entrevista publicaremos en breve.
KIN&AND FOUR ELEMENTS III EDICIÓN
¿ONDE? NA PRAIA FLUVIAL DA AZANBUJA, AO AIRE LIBRE NUNHA CARPA DE CIRCO
¿CANDO? COMEZA O 6 DE MARZO DE 2010 ÁS 22:00 PARA REMATAR O 7 DE MARZO ÁS 19:00
¿POR CANTO? 20€ VENTA ANTICIPADA DE 500 TICKETS ATA O 28 DE FEBREIRO OU 25€ EN TAQUILLA





Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza