Reportaxe 981 Festival '09
Escrito por Martin NoMore   
Mércores, 21 Outubro 2009 22:49

Chegaba a A Coruña, un ano máis, o 981Festival. Quince artístas repartido en catro escenarios durante 7 horas de música electrónica con vistas ó mar. Iso é o que nos agardaba este sábado a tódolos que decidimos acercarnos ó PlayaClub.

 

A noite empezaba con 3 horas de Dixon. O de Innervisions regalounos unha sesión moi ben trenzada de deep house pausado, pero contundente e bailable ó mesmo tempo. Tirando de moita música nova e moitas promos tamén, o Berlinés fixo con nós o que quixo. E con vinilos.


Xa se sabe o que ocorre cos eventos nos que simultánemante, hai varios artistas soando. Tes dúas opcions, ver un pouquiño de cada un; ou centrarte nos que realmente queres ver e disfrutalos. Eu son dos que pensan que "quen moito abarca, pouco aperta.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Así as cousas, e mentras esperaba ó turno de RadioSlave, adícamonos a saudar a toda a xente coñecida, que non era pouca, e a escoitar o final de Shinichi Osawa: son Ed Banger para entendernos, acompañado dun iphone que usaba para meter sons (non sempre ben acompasados, por certo).

 

A iso das 5 da mañán, chegaba o turno de Matt Edwards, inglés coñecido nos círculos electrónicos como RadioSlave. Home no que tiña depositas grandes esperanzas, pois o seu recopilatorio para Fabric48 é moi bo, ¿e qué dicir das suas produccións? Un fixo en moitísimos tracklist de deep-house e tech-house actuais.

Con esas credenciais chegaba a A Coruña, e para decepción de moitos, decidiu sorprendernos cunha sesión ó máis puro estilo "Luciano", con temas quemadísimos como o Everybody I Got Him de Mendo, The Beginning (Michel Cleis Remix), A Mezcla; ou A Tortuga.

 

Se Dixon foi o triunfador da noite, RadioSlave foi a decepción (persoal) da mesma. Non se pode ter todo nesta vida.

 

Outro 981 máis, moitísimas risas, caras coñecidas e moita, moita música. Esperando xa o próximo evento da xente do Playa Club, supoñemos que en vísperas de Reis, como xa é costume.


Seguiremos informando.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon