O luns 16 de Novembro, tivemos ocasión de deleitarnos co máis que xenial concerto de Depeche Mode en Madrid, dentro da xira "Tour of the Universe". No Palacio dos Deportes da capital unhas 16.000 persoas con idades que oscilaban entre os 20 e os 50 anos, case todos vestindo camisetas negras do grupo, encheron o recinto preparadas para dúas horas de viaxe pola dilatada carreira do trío británico Depeche Mode.
Trala actuación dos teloneiros, ou artistas invitados como se di agora, e cunha puntualidade británica, daría comezo o concerto. Soulsavers, o grupo invitado, ofreceu un digno precalentamento, musicalmente excelente aínda que un pouco apagado. Entre un grupo e outro a organización optou por poñer algo de minimal-tech, o que provocou cunha grande parte do público se puxese a bailar e a animar.
Pero todo quedou quedo por un instante no momento en que na pantalla xigante que había tralo escenario apareceu o logo do grupo, coas iniciais “DM”, para seguidamente estalar nun gran berro de xúbilo dos presentes.
Un público extasiado seguiría cantándoa ata o regreso o escenario de Dave Gahan, que so puido parar os cánticos co xa máis animado "Miles Away / The Truth Is". Nesta segunda parte do concerto, a pista do polideportivo comezaba a parecer unha discoteca. A xente non puido evitar bailar temas como "Policy of truth" ou "In your room". Como ven sendo habitual, no momento de tocar o ansiado "Enjoy the silence", Dave Gahan deixou o público asistente a labor de cantar as partes máis famosas do que probablemente sexa un dos seus maiores hits. A cambio, o grupo deleitounos cunha das máis espectaculares partes instrumentais (é algo que varían en cada xira) para este tema que xamais escoitei, para rematar con Gahan dicíndolle directamente a guitarra de Gore aquilo de "enjoy the silence".

Nos pactados bises, o grupo entregou a audiencia o ansiado "Stripped" e un apoteósico, espectacular e brutal "Personal Jesus", que definitivamente converteu o Palacio dos Deportes nunha discoteca abarrotada de xente coreando "Reach out and touch faith" nunha especie de loop que fixo tolear a tódolos alí presentes.En definitiva, un concerto, aínda que previsible e non tan aloucado como anos atrás, para non esquecer. Gracias, Depeche Mode.
Setlist:
In Chains
Wrong
Hole To Feed
Walking In My Shoes
A Question Of Time
Precious
World In My Eyes
Fly On The Windscreen
Sister Of Night
Home
Miles Away/The Truth Is
Policy Of Truth
It’s No Good
In Your Room
I Feel You
Enjoy The Silence
Never Let Me Down
One Caress
Stripped
Behind The Wheel
Personal Jesus





Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza