Reportaxe: Vértigo Cocoon Part II
Escrito por Martin   
Xoves, 10 Decembro 2009 20:49

Este sábado 5 de Decembro, celebrábase no recinto Fabrik de Madrid, a segunda festa Cocoon da man de Vértigo Produccions.

Sobre o papel, presentábase unha boa noite, onde disfrutar do vs de Ricardo Villalobos e Luciano, dos sons made-in Cocoon de Frank Lorber ou do directo de Guy Gerber por unha banda, e por outra o directo dun dos masters de Detroit, o señor Robert Hood. Sen olvidar o minimal-tech patrio da man de dous clásicos da noite madrileña: Alex Under e Tadeo.

Iso sobre o papel. A nosa realidade foi ben distinta, pois despois de diversos retrasos nos vos por culpa da folga de controladores e o mal tempo, non conseguimos entrar no recinto ata moi entrada a noite. Tanto, que apenas logramos disfrutar de catro horas de festa.

A meirande pena deste retraso, foi perderse a actuación de Robert Hood, home da cidade d Motor, o cal tiña anunciada a súa actuación como directo, e polo que puiden falar con xente que o viu, ó final (ninguén sabe o motivo) optou polo clásico formato de dj-set. De tódalas formas, quenes o viron afirman que estivo á altura. E non teño ningunha duda diso. Unha magoa non poder deisfrutalo. A el e a moitos outros.

Tania Vulcano 

Sobre a parella Ricardo-Luciano, decir que o rato que o estíven vendo (sería máis se non estivese tan abarrotada a sala principal) non soou mala música, pero era moi dificil bailar e disfrutar entre tanta xente. Comentar tamén que o bo de Ricardo, o cal tenme ofrecido horas de auténtico luxo, esta vez volveu a non estar á altura, e deixou que fose Luciano que levase o peso da sesión.

Visto o visto, decidimos acabar a noite na sala Satélite, na que por aqueles intres, encontrábase Tania Vulcano repartindo un tech-house bastante ben enlazado, e facendo bailar a tódolos os que habíamos decidido escapar do agobio da carpa principal, que éramos uns cantos.

Agradecer tódalas facilidades prestadas ó equipo de Relacións Púbricas de Vértigo, e ata a próxima. 

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon