O pasado día 5 de decembro, tivemos a sorte de poder ver en directo a outro dos grandes djs da escea internacional, novamente da man da Discoteca Queen. Estamos a falar do que para moitos, entre os que me inclúo, é o mellor dj de trance do mundo: Paul Van Dyk.
O tempo non acompañou nesta ocasión tan especial, o que probablemente afectou a asistencia da xente á sala, unido isto ó feito de que a promoción non foi demasiado boa e a que por desgracia, moitos "fans" do trance que asistiron á sala en ocasións anteriores,e que realmente son soamente fans de Tiësto, descoñecían probablemente quen é o alemán e que significan a siglas PVD para o trance a nivel mundial.
Aínda así, a sala finalmente colleu boa cor, realmente estábase moi cómodo, e os alí presentes poidemos disfrutar do magnífico espectáculo que nos ofreceu o consagrado dj alemán. Dúas horas de sesión nos que Matthias Paul, que é o seu verdadeiro nome, regalou os presentes (case literalmente, xa que o prezo da entrada, 10 euros era realmente asequible) unha trepidante sucesión de auténtico trance, duro, bailable e en moitas ocasións con claras influencias techno (alonxado do que publica nos seus álbumes). Pinchou o seu estilo, o que leva mimando durante xa case 20 anos, dende que comezara a súa andadura na Alemania soviética. Aínda que moitos artistas consideran que a única maneira de soar fresco é cambiar de estilo, o xenial PvD límitase a refínalo e o efecto e simplemente incríble para os que amamos o trance.
Mais aló do plano musical, o set-up de Paul Van Dyk antoxóusenos oculto tralo seu logo, pero polo que sabemos empregou o seu Mac con Ableton Live ou Logic xunto cunha mesa Allen&Heath cos clásicos controladores MIDI, así como algún teclado e algún outro controlador, convertindo a sesión nunha especie de Live Act, facéndoa máis única se cabe.
No set-list do alemán non faltou o seu último hit, Home na remezcla de Cosmic Gate, o clásico Nothing but you (por petición do público) ou Time of our lives. Pero non todo foron temas propios, tamén houbo lugar para facer tolear o público co Kidsos de Ingrosso ou o sempre socorrido Born Slippy de Underworld.
Ademais de demostrar porque foi durante dous anos consecutivo número un según Dj Mag (antes que o propio Tiësto) e porque sigue no seu Top 10, amosounos que é un artista humilde, que aprecia o seu público e que se divirte pinchando. En todo momento estivo sorrindo, saltando, animando... ¡ata baixou o volumen nun momento dado porque alguén do público trataba de falarlle! Non se escudou en ningún momento detras da súa imaxe ou marketing e estivo moi moi cercano, tanto que ó final incluso baixou á pista e sacouse fotos con algúns afortunados.
En definitiva, unha actuación xenial da man do auténtico xenio trancer alemán. Gracias, Paul van Dyk.





Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza