Goa 15 Aniversario
Escrito por Martin NoMore   
Luns, 28 Decembro 2009 17:51

O pasado Domingo 6 de Decembro, celebrouse en Fabik (Madrid) o décimoquinto aniversario de Goa, evento que nacera nos seus inicios como unha pequena festa underground para sibaritas, e co tempo converteuse nunha celebración multitudinaria en toda regra. E para celebrar que levan 15 anos sendo fieis á sua filosofia de "12 horas de música, diversión e harmonía" prepararon como cabía esperar, un cartel de luxo.

O día comezaba despexado, con frio pero sen choiva, o cal é de agradecer. Chegamos ó recinto a iso das 4 da tarde, e tras unha pequena volta polas inmediacións, entramos dentro e fomos directamente á unha das carpas situadas na terraza, ó Crystal Club. O obxectivo era claro: en breves minutos comezaba o set de Pete Herbert. O inglés, sempre aficionado ós ritmos tropicais, alegres e ó house en xeral, só precisou de 3 temas para enseñar a súas credenciais e facer ver que a súa non sería unha sesión calquera. Soaron clásicos do house con outros de nova fornada, sempre mantendo un denominador común: a calidez dos sons e o debuxar unha sonrisa de orella a orella en tódolos presentes.

 

Pete Herbert @ Crystal Club (Goa 15 Aniversario)

A tarde seguía avanzando, a claridade que entraba polos cristais da carpa a primeira hora, desaparecía para dar a benvida a oscuridade propia da noite. Despois do inglés, foi o turno da parella Mad Mats vs Alex Barck. Menuda parella. Os de Jazznova fixeron o que quixeron con todos nos. Soaron temas tan tan exquisitos coma What a Life ou Good Life, e tamén un edit do mítico Jaguar que fixo vibrar a máis de un.

 

Alex Barck (Jazznova) @ Crystal Club (Goa 15 Aniversario)

Tocaba o turno de visitar a Main Room, da man de Ali e Basti Schwarz, coñecidos neste mundillo por Tiefschwarz. "Tief" significa "profundo", e "schwarz" significa "negro" en alemán. Durante o seu set, soou moito, moitisimo tech-house. O escenario principal estaba totalmente decorado conforme o motivo do evento: PartyAnimal. Así, era doado ver chimpancés trepando polo escenario, ou páxaros sobrevoando o recinto. Tamén a terraza estaba perfectamente decorada para a ocasión.

De volta ás carpas, xa entrada a noite, eran horas de coñecer a Upper Floor, da man esta vez de Hugo (ó que nos gustaría habelo visto en djset en lugar de en formato live, pero nos foi imposible). Directo de unha hora de duración, a camiño entre o deep house e o tech-house, máis preto do primeiro que do segundo de tódalas formas, que fixo as delicias de tódolos presentes, deixando a carpa ó roxo vivo para o seu xefe e capo do selo Tuningspork, Jay Haze.

10 segundos. Ese foi o tempo que necesitou o estadounidense para presentarse cun primeiro tema que puxo en apuros a estabilidade da carpa, e sobre todo, as nosas forzas, que por aquelas horas empezaban a resentirse despois de tanto baile. 10 segundos, un par de cortes, e público no peto. As súas duas horas foron unha oda ó bo gusto, á mellor selección musical dentro do deep house e á boa técnica ós platos. Sublime Jay Haze para as poucas persoas que estábamos a disfrutar del (recordemos que a esas horas, na outra carpa, estaba a tocar Aril Brikha o seu progressive house). Por destacar algo negativo do seu set, éso foi sen dúbida o peche. Cando deron as 12 da noite exactamente, sen deixar acabar o tema que estaba a soar, cortou polo san baixando a música de repente e deixándonos a todos descolocadísimos. Iso non se fai.

Despois dese mal xesto que foi o botarnos literamente da carpa, non quedaba outra opción que ir á Main Room de novo, a ver a última hora do set de Loco Dice. Utilizando Traktor como e habitual, non foi unha sesión que quede no recordo, pero si foi efectiva. Deulle ó público o que o público quería. Bombos atroadores e ritmos bailongos e divertidos. Aínda hoxe pregúntome, quen se divertiría máis con esa sesión, se el ou nos.

 

Resumindo: gran décimo quinto aniversario. E que sexan moitos máis.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy